venres, 16 de xaneiro de 2015

Reunión na Casa azul

Boas a tod@s

Ao final si que conseguimos cambiar a reunión do día 31 de xaneiro, de tal xeito que queda convocada para o día 1 de febreiro ás 12 da maña na casa azul, sala Valdecorvos, na que explicaremos máis polo miúdo en que consiste a actividade das rutas de sendeirismo que imos levar a cabo este ano, así como outras actividades deportivas e informativas, xuntanzas, convivencias, ponencias... que temos pensado desenvolver este ano.

Ademais gustaríanos saber a vosa opinión sobre estas actividades que nos propoñemos e oír as vosas suxestións.

Aproveitaremos a xuntanza para falarmos das actividades de Nadal e das necesidades reais dos nosos nenos e nenas.

Aqueles soci@s que desexen adquirir calendarios da asociación poden facelo ese mesmo día. Iso si, avisádenos canto antes de cantos queredes e de cales, xa que se nos están esgotando.
Agardamos a vosa asistencia

Como supoñemos que moitos ides vir cos nen@s, na casa azul teñen sitio para xogar a cargo dun adulto mentres nós nos reunimos, pero se o preferides e sempre e cando poidades ir algún acompañando aos nen@s comentámosvos que ese mesmo día ás 12:00 no teatro principal (que está a menos de 200m) hai unha obra de teatro para nen@s

A Xunta Directiva


Ningún comentario:

Publicar un comentario