O domingo 11 de outubro a Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia (ANEDIA) colaborou na organización nacional da Transdiabetes, unha andaina de relevos non competitiva que se vai levar a cabo en diferentes lugares de toda España. A nosa participación consistiu nunha camiñata polo último tramo do Camiño de Santiago Portugués.
A Transdiabetes leva un aro azul por todos os seus percorridos organizados ao longo de toda España coa meta de chegar o 14 novembro a Madrid ou á localidade onde se celebre o acto central do Día Mundial da Diabetes. No tramo que organizou Anedia o aro saiu de Padrón ás 9.00 horas e chegou ás 17.00 horas á praza do Obradoiro.
A actividade tivo unha duración aproximada de nove horas e estaba pensada para todos os públicos, de modo que se facilitou aos participantes que se incorporasen no punto do percorrido que desexasen ou que máis se adaptase ás súas necesidades ou condición física. Houbo múltiples paradas e contaou co asesoramento de Diego Castro, deportista pontevedrés con diabetes dende neno.
A partir das 15.00 horas tivo lugar unha comida de convivencia na Cidade da Cultura na que participaron as persoas que fixeron o percorrido organizado por Anedia e outras que chegaron dende as demais provincias galegas con actividades similares. Ao remate,realizamos xuntos o último tramo do percorrido ata a praza do Obradoiro.
A participación de Anedia enmarcase no noso programa de actividades para a sensibilización e concienciación social en relación coa diabetes en idade infantil.
Os obxectivos da andaina era prestar apoio a outras persoas con diabetes, promover estilos de vida saudables que teñan un impacto favorable sobre a evolución e o prognóstico da diabetes, saír do illamento persoal e mediático e promover a cooperación social sobre a enfermidade.
Máis información en:
http://www.stadiosport.es/articulo/atletismo1/andaina-relevos-nivel-estatal-transdiabetes-tera-tramo-galego-da-man-anedia/20151005024407044775.html
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2015/10/12/bueu-suma-transdiabetes/1330191.html
Telediario do 11 de outubro. http://www.crtvg.es/informativos/unha-marcha-pola-diabetes-demanda-recursos-e-formacion-1500361
Entrevista na Localia Vigo con Diego Castro. https://www.youtube.com/watch?v=JDeU7gvOQGs&list=PLGXwb0FNyA2yXUyyszGk-0RjDb5xIfKfL&sns=fb
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/10/06/carrera-estatal-relevos-transdiabetes-tendra/1326592.html
Entrevista a Diego Castro en Convivir en Igualdade. http://www.crtvg.es/rg/a-carta/convivir-en-igualdade-convivir-en-igualdade-do-dia-06-10-2015-1487089