venres, 23 de decembro de 2016

Madalenas caseras, queres unha????



 Hoxe tocou mañá de repostería, porque a ninguén lle amarga un doce, e os nosos pequenos e pequenas non van ser menos.
Dende que convivimos coa diabete, houbo que cambiar moitas cousas na alimentación, reinventamos as receitas para que estos postres non leven tantísimo azucre (increíble a cantidade que comemos!).

Aos nenos gustanlle moito as madalenas, pero non nos convencen nada as que mercamos no supermercado, teñen moitisima graxa, por non falar da cantidade de hidratos de carbono que supón unha soa madalena.

Probamos varias receitas...e hoxe, por fin, temos unha que podemos compartir, é dunha mamá que nola pasou, para que todas e todas podamos degustar estas saborosas madalenas.

Tomade nota e xa nos contades cando as probedes!!!

  • 3 ovos (se son caseiros, mellor que mellor!)
  • medio vaso de aceite de xirasol ou oliva
  • ¼ vaso de leite ou un iogur natural
  • 150 gr de azucre
  • unha culler de stevia
  • 150 gr de fariña
  • 1 sobre de levadura
  • a raiadura dun limón

Primeiro batemos os ovos co aceite, e posteriormente incorporamos todo o demais e batemos ata conseguir unha mistura homoxénea.

Agora ven o reconto de racións:
  • ovos (libre)
  • aceite( libre)
  • leite ( 0.5 R) se e iogur, mirade a táboa
  • Azucre ( 15 R)
  • stevia (libre)
  • fariña (11 R) (a que eu sei é a da marca “hacendado”, na táboa pon 74 gr hc por cada 100 gr, comprobade nas táboas das vosas fariñas)
  • levadura (libre)
  • raiadura limón (libre)

Isto fai un total de 26,5 racións por toda a masa, así que puxen 30 cápsulas de madalenas para que cada unidade teña aproximadamente unha ración ou algo menos.
Metemos no forno, previamente quente, a unha temperatura de 160 graos durante 10-15 minutos.

E xa temos listas as nosas madalenas caseiras.
Se queredes un consello, poñedeas nun lugar onde queden cubertas, ou tapadas con algo, porque así aguantan varios días sen ningún problema.



Agora a disfrutalas! Mmmmmmm

Grazas PAULA