Recursos

Un recurso ideal para amosar na escola cando un neno é diagnoticado con diabete tipo 1 é sen dúbida ningúnha este capítulo da serie de Caillou que ensina de forma amena e sinxela as claves da diabete e dá resposta ás principais preguntas que formulan os nenos/as máis pequenos ante a enfermidade.





Xa para nenos un pouquiño máis maiores podemos atopar "Carol tiene diabetes", unha curta de animación, de 7 minutos de duración, creada pola Fundación para a Diabete (na asociación temos exemplares deste recurso se alguén está interesado en telo non dubidedes en solicitárnolo).




Outra curta interesante é a de Lenny, un león ao que lle resulta moi fácil falar sobre a diabete. Describe o que é, por que a xente a ten, como se poden sentir os nenos cando son diagnosticados e o que se sinte cando se vive con esta enfermidade.








«Aventuras en Insulán».
Autor: Alfonso López Alba

SINOPSE
Trátase dunha banda deseñada realizada polo endocrino asturiano Alfonso López Alba cun claro fin pedagóxico: aprender da diabete e divertirse coñecéndoa. Alfonso é médico endocrino do hospital de Xove/Jove (Xixón/Gijón). Trata de como aprender coa diabate, o protagonista é un neno diabético, hai moitos problemas no libro porque outras personaxes non a coidan. Pódese ler premendo nesta ligazón: AQUÍ

DATOS DO LIBRO
  • Nº de páxinas: 79 páxs. 
  • Editorial: PUBLICACIONES MCV, S.L. 
  • Idioma: CASTELÁN 
  • Encadernación: Capa dura 
  • Depósito Legal: M-47673/2009 
  • Ano edición: 2009 
  • Praza de edición: MADRID

Ningún comentario:

Publicar un comentario