xoves, 23 de abril de 2020

Día do libro 2020

Celia xoga ao baloncesto cos seus compañeiros de cole pero dende fai uns dias non se atopa ben, unha visita ao pediatra fai que descubran que agora o seu páncreas non funciona, ten diabetes de tipo1. Comeza para a súa familia unha nova vida, con moito traballo por diante, pero que non lle vai impedir seguir xogando ao baloncesto, ir de excursión cas súas amigas, ou disfrutar dunha festa de pixamas.

Dende ANEDIA entendemos que ter materiais propios cos que traballar cos máis cativos era unha parte importante do noso traballo cas familias e cos centros educativos, e da man de Pepe Carreiro xa temos dende fai un ano, a guía Os Bolechas coñecen o  que é a diabetes, pero isto non é un proxecto illado e agardamos poder en breve presentarvos novos proxectos.

E permitirnos que aproveitemos para dar de novo as grazas á Deputación da Coruña pola seu soporte, aos profesionais sanitarios que colaboran con nós, e a todas as persoas que colaboran dalgún xeito con ANEDIA, porque sin eles estos proxectos non poderían convertirse en realidade.

Aquí vos deixamos o libro dos Bolechas para que o disfrutedes nun día tan especial como o de hoxe.
Libro que podedes conseguir en papel a través de ANEDIA, pero que vos deixamos aquí en formato pdf 


martes, 7 de abril de 2020

Cambio de modelo no sensor FreeStyle de ABBOTT.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O SENSOR FreeStyle de ABBOTT.

Os sensores FreeStyle de ABBOTT facilitados polo SERGAS pasan a sustituirse pola versión FreeStyle2. 

Freestyle Libre-2-Lectores mmol/L + 2 Sensores de glucosa en ...Estaba previsto que este cambio fose gradual pasando previamente por consulta para facilitar a formación adecuada pero as circunstancias non o fixeron posible. E a falta de stock provocou que nas áreas de Vigo e Ourense xa se esté a repartir a versión FreeStyle2, e en breve irán o resto de áreas. O lector do FreeStyle vai ir será sustituido por un novo pero non antes do verán.
Esta nova versión FreeStyle2 dispón de alarmas, pero temos que ter en conta varios detalles para que todo funcione.

      - O lector debe estar actualizado á versión 2.4.8 para poder leer o FreeStyle2, pero se activamos o sensor con él NON teremos dispoñibles as alarmas.

      - As alarmas só estarán dispoñibles se iniciamos o sensor co móbil a través da aplicación FreeStyle Librelink 2.4 ou co lector do FreeStyle2.

As alarmas cas que conta o sistema son opcionais e veñen desactivadas por defecto. Son tres:

--> Glucosa BAIXA. Podemos axustala entre 60 e 100 mg/dl.
--> Glucosa ALTA. Podemos axustala entre 120 e 400 mg/dl.
-->   Pérdida de sinal entre o sensor e o lector/teléfono (20 minutos).

Para poder ter activadas as notificacións temos que ter activado: NFC, Bluetooth e localización (GPS). Entre o móvil e o sensor debe existir un máximo de 6 metros.

Os servizos de endocrinoloxía e pediatría son coñecedores deste cambio  e podedes consultarlles sen problema calquera dúbida.
Se precisades axuda dende ANEDIA estamos dispoñibles no teléfono 644 97 14 54, e no correo anediagalicia@gmail.com .

Información facilitada por ABBOTT, dispoñible na súa web