PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE
Está a piques de rematar o curso e os estudantes de
2º de Bacharelato enfréntanse ás probas
de acceso á universidade. Xa están afeitos na maioría dos casos a enfrentarse
a longos exámenes e superalos sen problema, pero ninguén está libre de ter un
problema neses días.
O alumnado con algún tipo de necesidades especiais pode solicitar unha adaptación das probas,
o que se precise segundo as súas circunstancias. Alumnos con dislexia, TDAH, problemas visuais,
físicos, diabetes, ….. e un largo etcétera entran nesta casuística.
No caso da
diabetes as medidas a solicitar poden ser por exemplo, parar o tempo mentres
resolvemos unha hipoglucemia e logo continuar co exame.
Cada estudante e cada familia debe tomar a súa
decisión, pero para facelo ten que coñecer as posibilidades dispoñibles.
O prazo para
solicitar esta adaptación ten como DATA LÍMITE o 27 de maio.
Se tedes
algunha dúbida contactade con nós, preguntade ao voso Dpto. de Orientación ou
ben a CIUG.
(Foto La Voz de Galicia)
O alumnado que vai realizar Proba de Avaliación de
Bacharelato para o Acceso á Universidade no Sistema Universitario de Galicia
poderá solicitar unha ADAPTACIÓN ESPECÍFICA para a realización da dita proba
cando o precise. O procedemento é: solicitar a adaptación nos Departamentos de
Orientación dos centros educativo achegando todos os informes pertinentes, a
persoa responsable do Departamento e a dirección do centro teñen que emitir
sendos informes dirixidos á CIUG solicitando a adaptación das probas nos
aspectos que así o consideren. Unha vez recibidos os informes e valorados pola
CIUG seralle remitida a resposta aos
centros educativos que posteriormente llo comunicarán ás familias.
As medidas que podería solicitar o alumno/a con
diabetes son, preferentemente:
a) Accesibilidade á información e comunicación dos
procesos e do recinto ou espazo físico onde se desenvolva a
proba. (As probas faránse en lugares específicos distintos os
habituais).
c) Adaptar os tempos para a realización dos exames
(tempo adicional). Se sucede unha hipo ou hiperglucemia terán un
tempo adicional para superala.
f) De ser necesario e á vista da discapacidade e/ou
necesidade educativa, poñer á súa disposición os medios materiais e humanos,
asistencias, apoios e axudas técnicas que precise para a realización da proba.
Estas adaptacións en ningún caso se terán en conta
para minorar as cualificacións obtidas.
A CiUG poderá adoptar outras medidas atendendo á
documentación achegada.
Documentos
relacionados:
http://ciug.gal/especiais.php
Estudantes con necesidades especiais
|