mércores, 26 de outubro de 2016

CON MOCHILA A TODAS PARTES.

Empezanos o ano 2016 reinvindicando o dereito dos menores con diabete a acceder coas súas mochilas en diferentes espazos de uso colectivo.
ANEDIA e ASSEII, Asociación Sociosanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal, decidimos sumar forzas en prol dunha causa común.
Tanto os menores con diabete, como as persoas ostomizadas deben levar unha mochila co material necesario para atender as súas respectivas doenzas.

Así que, preparamolo todo, enchemos as mochilas, e ao longo do ano, fomos ao MUNCIT e o Aquario na Coruña, aos Canóns do Sil en Catamarán, ao Pazo de Tor, ao Museo do Ferrocaril, á Hipica Celta en Monforte de Lemos, A Vilanova dos Infantes, ao Mosteiro de Celanova, ao Castromao, en Catamarán pola Ría de Pontevedra, á Escola Naval Mílitar, ao Parque dos Sentidos en Marín e ao cine, de brincadeira ao Pontillón do Castro, a Gondomar, á Pontevedra, á Praza do Obradoiro.




Pasamolo en grande, e non atopamos atrancos, ata que chegou o día de ir ao cine
Por cortesía de Jorge Costas.

Neste estado quedaron os pequenos e pequenas aos que non se lles permitiú entrar nas salas de cine coas súas mochilas, xa que nelas tiñan o seu medidor de azucre en sangue, tiras reactivas, insulina, agullas, lancetas, pinchador, azucre e alimentos para afrontar posibles baixadas de azucre, ou a merende se é que necesitan porse insulina.

Hoxe podemos dicir que esa imaxe, xa non representa unha realidade, queremos dar as grazas a tódalas persoas, colectivos, entidades, medios de comunicación, que se fixeron eco da nosa problemática e nos apoiaron.

Grazas a todos os espazos de uso colectivo que dende o primeiro momento entenderon a necesidades de facer unha excepción nestes casos, grazas tamén aos que tivemos que explicarlles máis polo miúdo a necesidade dos menores con diabete e das persoas ostomizadas.

Mañá, ou pasado pode que atopemos outro atranco, outra porta pechada ás mochilas, seguro que entre todos volveremos a saltar ese chanzo, así que, polo momento quedamos contentos neste relanzo.

QUE A DIABETE NON TE PARE