sábado, 31 de xaneiro de 2015

Primeira Rota de Sendeirismo : Río Tomeza Pontevedra

Bos días a todas e todos: 

Xa temos nova data para a rota, o próximo domingo, día 8 de febreiro. á mesma hora no mesmo sitio (por se non vos lembrades: ás 15:15, no albergue de peregrinos).
O pronóstico do tempo é bó. Lembrade roupa cómoda, calzado axeitado (contade co barro), auga, merenda, é suplementos para catro horas de exercicio. Esta vez si, vémonos o próximo domingo para camiñar.
O exercicio é un dos pilares da diabete, e facelo en boa compaña, garantía de éxito asegurada.

Domingo, 8 de febrero de 15:15 a 19:00

Organizado por ANEDIA
O guía da Rota será DIEGO CASTRO
Dificultade: baixa
Distancia: 6km (12 km aproximadamente ida e volta)
Duración aproximada: 2 horas (4 horas ida e volta)
Tipo de sendeiro: lineal
Desnivel: inapreciable
Climatoloxía: Preferiblemente facelo en clima seco xa que o chan se embarra moito.
Material: botas ou calzado cómodo de sendeirismo (vaise manchar de barro, chova ou non). Roupa cómoda e de abrigo. 1L de auga por persona como mínimo. Suficientes suplementos para 4 horas de actividade moderada. Merenda (froita+bocata pequeno).

Lugar de partida: Local de música de Pontevedra (ó lado do albergue de peregrinos e pegado ó parking da estación de tren), na rúa Ramón Otero Pedrayo. Ten un parking gratuito onde podemos deixar os coches e agardar por todos. O comezo do sendeiro está a 50 metros do local.

A dificultade da rota é moi baixa, crúzanse un par de pontes estreitos de madeira, serán pequenas "probas" para os nenos, xa que hai que mirar onde pisas, pero non presenta ningún perigo. O caudal actualmente é baixo para a época do ano na que estamos, e a profundidade do río, salvo excepcións, non supera o metro de altura. Cruzaremos dúas estradas secundarias que case non teñen tráfico e son de escaso ancho.

Hai varios lugares nos que se pode para a descansar (km 3, e fin de ruta no km 6). Despois de chegar ó final temos que dar volta, enlazaremos co camiño de Santiago portugúes (sempre camiño de terra) para que sexan 4 kilómetros distintos de volta, e logo enlazar co camiño xa percorrido de ida.

Pon a camiseta de ANEDIA, se non a tes, aínda estás a tempo de mercala se queres, pregúntanos no mail: anediagalicia@gmail.com

Ir ao enlace Facebook: Rota de Sendeirismo: Río Tomeza
Ir ao enlace Twitter: Rota de Sendeirismo : Río Tomeza

Ningún comentario:

Publicar un comentario