Unha pequena representación dos nenos e nenas da
asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia (ANEDIA) reuníuse hoxe co
alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, co fin de
facerlle chegar as peticións concretas que teñen para mellorar a cidade e a súa
calidade de vida.
Os nenos trasladaron ao alcalde que, por
ter diabete, pasan por moitas situacións nas que se sinten diferente aos
demais, cousas da vida cotiá que os pais tratan de que acepten con naturalidade
porque é algo que os vai acompañar toda a súa vida. Entre outras situacións, debeb
medir a súa glicosa, inxectarse insulina, tomar determinadas racións de
hidratos de carbono e, ademais, facelo todo en momentos concretos, aínda que
estean no colexio, no parque, no aniversario dun amigo ou nun partido de
fútbol. Ademais, algunhas veces pode que outros nenos/as vaian tomar unhas
lambetadas ou un xeado e eles resignados que renuncian aínda que lles custe.
Así pois, os nosos nenos/as non só teñen
que asumir o seu tratamento para estar ben, senón que ademais teñen que aceptar
ser diferentes e que os demais o acepten a el/ela. É unha cuestión de
autoestima, de facerlle ver as cousas o máis natural posibles e por suposto que
se sinta integrado con seus iguais, para que non o vexan diferente. Xa que non
nos esquezamos que a pesar de todas as cousas que implica a diabete, os nosos
nenos/as poden e deben realizar todas as actividades do mesmo xeito que
calquera outro neno/a.
De aí vén que queiran -e os seus pais
tamén- conseguir unha integración total no seu ámbito habitual e lle soliciten
ao máximo representante do Concello de Pontevedra a súa implicación neste tema.
As demandas concretas que lle pediron ao alcalde de Pontevedra foron:
- Que as cafeterías e demais establecementos
hosteleiros da cidade teñen bebidas adaptadas para persoas con diabete do tipo
de: aquarius libre, fanta cero, trina sen azucre, zume sen azucre, cocacola
light sen cafeína…de xeito que se poida crear unha rede de establecementos
amigos das persoas con diabete que garantan o seu acceso a bebidas sen azucre e
a una báscula que lles permita pesar os alimentos que van inxerir e saber que
cantidade de hidratos de carbono posúe cada un deses alimentos.
- Aclararlle
que un neno/a con diabete non necesita nin desexa compaixón; necesitan
comprensión, aceptación e apoio. Enn primeiro lugar e sobre todo, o neno/a con
diabete necesita e desexa sentirse tan único e especial como calquera outro
compañeiro da súa clase.
- Que os
monitores das actividades deportivas saiban resolver una hipoglicemia, de xeito
que teñan sempre a man os hidratos de carbono de absorción rápida e lenta e
saiban empregalos.
- Que os Reis
Magos traían este ano caramelos sen azucre para repartir na cabalgata de reis.
- Que nas
actividades lúdicas e deportivas que organiza o Concello de Pontevedra nas que
se ofreza comida aos participante, estea garantida sempre a presenza de froitas
e alimentos saudables aptos para eles e máis saudables para toda a poboación en
xeral.
- Que fagan
una comunicación aos Cines de Pontevedra para solicitarlle que os nenos/as e
demais persoas con diabete tipo I poidan entrar cos seus suplementos de azucre
necesarios para remontar unha hipoglicemia.
http://www.pontevedra.gal/novas/2015/11/04/lores-recibe-a-nens-con-diabete-e-toma-nota-das-suas-demandas/
http://pontevedraviva.com/xeral/23739/lores-hablara-con-panaderos-cine-imd-demandas-ninos-diabete/?lang=gl#/0
http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/460816/os-nenos-con-diabetes-piden-que-os-reis-magos-repartan-caramelos-sen-azucre
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/11/05/cerca-centenar-ninos-pontevedra-convivir/1344877.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario