A Asociación está moi satisfeita cos
actos que realizamos este ano para conmemorar o Día Mundial da Diabetes 2015. A
charla informativa dirixida a persoas con diabetes ou coidadores/as das mesmas
foi un éxito de participación ao igual que o concerto da banda de música infantil de Campo Lameiro e o
posterior encendido do Concello e da Deputación Provinvial de Pontevedra en
azul co toque musical do grupo Madia Leva ao que acudiron representantes da
vida política, social e culturala da cidade: a Xefa Territorial de Sanidade, o
alcalde de Pontevedra, a concelleira de educación e benestar social, a
concelleira de deportes, representantes do partido político da oposición
(Jacobo Moreira, María José…), representantes do SOS sanidade pública,
representantes do CHOP, etc.
A actividade semanal cos comedores
escolares de toda Galicia (Pontevedra, Vigo e A Coruña) en colaboración con
Serunión e coas asociación e federacións dde pais e nais das distintas
localidades, tamén foi un éxito xa que conseguimos darlle unhas nocións básicas
sobre diabete infantil dende unha perspectiva lúdica e práctica (con xogos, manualidades,
talleres…) a estudantes de educación infantil e primaria de máis de 70 centros
educativos.
Pero sen lugar a dúbidas o maior éxito
foi o da milla pola diabete do 14 de novembro que inundou a zona da praza de
España e Montero Ríos dunha riada de cativos, pais, nais, avós… que practicaron deporte, merendaron saudable e
pasaron unha tarde entretida en familia. Non temos datos oficiais aínda pero as
inscricións pecháranse xa o mércores con 630 inscritos pero os menores de 16
podía anotarse o mesmo día ou os días anterior por correo electrónico e “esgotamos
os dorsais e as bolsas de abituallamento” xa que alomenos 200 cativos se
anotaron no mesmo día.
O acto rematou ao redor das 8:00 da
noite coa entrega de medallas da man da concelleira de deportes Anxos Riveiro, os
atletas profesionais Solange Pereira e Carlos de la torre e a deputada
provincial Digna Rivas; e cun toque musical do Gaiteiros das Rías Baixas. O
sorteo de todos os premios aos dorsais non o puidemos realizar in situ na súa
totalidade (xa que tiñamos moitos agasallos debido á gran implicación das
empresas da cidade: Campaniola, Rías Bajas, Bagos, Cafetín, Lilium, Chema Sport….)
así que realizarémolo a través da nosa páxina de Facebook nos vindeiros días e
poñerémonos en contacto cos agraciados para facerlle entrega dos mesmos.
Pero todo decorreu sen incidencias, de
tal xeito que as enfermeiras, médico, ambulancia, policía local e protección
civil se limitaron a vixiar o percorrido e a agardar as incidencias que nunca
chegaron.
ANEDIA agradece enormente a
participación e colaboración de sociedade en xeral, voluntarios, colaboradores…
que conseguiron que conseguiron un éxito
tan rotundo da I Milla pola Diabete.
E todo isto sen esquecer que o venres ás
16:30 o concelleiro de Educación Román Rodríguez veu a Pontevedra a
presentarnos o xa publicado ese mesmo día Protocola para a actuación con
alumnado con diabete nos centros educativos que a nosa asociación reclamaba con
todos este actos.
Estamos moi satisfeitos e moi
agradecidos a todos aqueles que fixeron posible todas estas actividades e
consecuencias: Concello de Pontevedra, CHOP, Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria, Deputación Provincial de Pontevedra, Setga, Pic,
Viaqua, Spa Bienestar Moaña, Hotel Rías Bajas, Hotel Campaniola, Viñoteca
Bagos, Restaurate Cafetín, Lilium, Chema sport, Piñeiro Runningo, Mercaplaza,
Consorcio agroalimentario de Galicia, Librería Paz, Librería Cronopios, Foot on
Mar, Pontevedrfutbol, Goleada, Centro Comercial Urbano, Atmósfera Sport, Los
sueños de Ale y Patt, Prosaga, Froiz, Dibay, etc. e por suposto a todos os
nosos asociados e voluntarios.
Cando un neno/a ten diabete pasa por
moita situacións nas que se sinte diferente aos demais, cousas da vida cotiá
que os pais tratamos de que acepten con naturalidade porque é algo que os vai
acompañar toda a súa vida. Así, o neno/a con diabete debe medir a súa glicosa,
debe de inxectarse insulina, debe tomar
determinadas racións de hidratos de carbono e ademais todo isto débeo facer en
momentos concretos, aínda que estea no colexio, no parque, no aniversario dun
amigo ou nun partido de fútbol. E ESTES DÍAS CON TODOS ESTES ACTOS CELEBRAMOS O
SEU DÍA, A NOSA SOCIEDADE PENSOU NELES, FALOU DELES E FIXO QUE NÓS, COMO PAIS E
NAIS, NOS SIGAMO SENTINDO CADA DÍAS MÁIS ORGULLOSOS DOS NOSOS “DOCES GUERREIROS”.
Porque isto todo é por e para eles, para
que teñan unha vida plena e feliz cos mesmos dereitos e oportunidades, unha “vida
normal”.
GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS.
Me parece muy bien eso del "Protocolo de actuación en los centros educativos", pero me temo que va a quedar en papel, porque ¿quién va a ser el encargado de implantarlo? ¿Cómo se va a "obligar" a los profesores a realizar la función de "enfermero" como nuestros hijos? Todo dependerá de la buena voluntad de alguno de ellos...
ResponderEliminar