A programación
de actos para conmemorar o Día Mundial da Diabete o 14 de novembro exténdese durante 6 días dende o 9 ata o 14 de novembro con actividades que fan
referencia aos tres pilares básicos no coidado da diabete: exercicio físico,
alimentación e medicación.
1.
A
alimentación ímola abordar grazas á implicación dos comedores escolares. Todos os
comedores escolares dos colexios públicos de Pontevedra e Vigo e boa parte dos
do Concello da Coruña uniranse ao longo desta semana á conmemoración do Día
Mundial da Diabete cunha serie de actividades destinadas a afondar no
coñecemento da diabete, no seu impacto na idade infantil e, en xeral, nos
hábitos de vida e alimentación saudables. Anedia colabora coa empresa Serunion e
coas asociacións de nais e pais para a posta en marcha desta iniciativa, que se
desenvolverá entre este luns 9 e o venres 13 de novembro nos colexios públicos
cuxos comedores escolares están xestionados por Serunion.
2. A medicación a través dunha charla informativa sobre a falta de adherencia ao
tratamento da Diabete impartida por unha nutricionista, unha educadoras e unha
psicóloga do Servizo Galego de Saúde. A charla será na Sala Valdecorvos da Casa
Azul ás 18:30.
3. O deporte coa milla pola diabete. É unha carreira lúdica e festiva para todas as idades e aberta a
tódolos cidadáns que queiran participar (a partir dos 3 anos e dividida por
categorías). A saída será a partir das 17:00 da tarde na Praza de España,
onde rematará tamén tras un percorrido de case 1609 metros pola rúa Michelena
de Pontevedra. Anedia regalará a cada participante
unha bolsa de avituallamento cunha botella de auga e unha froita. Tamén haberá
sorteo de agasallos entre tódolos participantes e trofeos e medallas para os gañadores (e para todos os nenos/as menores de 6 anos)
A maiores uníndoos
todos e para tamén dar a coñecer a enfermidade ao conxunto da sociedade. O
venres optamos por un acto público cunha finalidade lúdica e reivindicativa. A
parte lúdica vén da man da Banda de música infantil de Campo Lameiro e do grupo
tradicional Maravallada e a reivindicativa da parte dun manifesto que
elaboraron os propios nenos/as de Anedia para que o resto da cidadanía saiba de
primeira man como é o seu día a día e o que eles consideran necesario para
melloralo e como colofón e facendo o mesmo que se fai en todos os lugares do
mundo neste mesmo día o encendido en azul do Concello de Pontevedra. Estas
actividades serán o venres 13 a partir das 19:00 na Praza de España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario