Como ven os nenos de primaria a diabete?
Este venres 10 de abril inaugurouse no vestíbulo do Concello de Pontevedra a exposición "Diabete e deporte", organizada pola asociación Anedia, que está composta por debuxos de estudantes de primeiro a sexto de primaria.
A función deste grupo formado polas familias de nenos con diabete é aprender a vivir coa enfermidade e como afrontala. Por iso, as obras dos nenos tratan sobre vida saudable e a diabete, temas sobre os que o atleta diabético Diego Castro lles deu charlas nos seus colexios, e que os nenos representaron nas pinturas dende os seus puntos de vistas con medidores de azúcar, bolígrafos de insulina, a pirámide alimenticia ou persoas practicando deporte.
Os debuxos forman parte á súa vez dun concurso do que sairán 6 gañadores elixidos polos membros do xurado formado polo concelleiro de Educación Agustín Fernández; a concelleira de Benestar Social Carmen Fouces; a presidenta da asociación Anedia Ana Perezo e os deportistas Susana Ruíz que é unha experimentada montañeira que ten diabete e os atletas de Pontevedra Víctor Riobo e Diego Castro. Os premios consistirán en tres cheques-regalo de 50 euros e outros tres de 30 euros para material deportivo. Ademais dun premio especial ao colexio con máis participantes que recibirá unha visita do piragüista de maratón Oscar Graña.
Os gañadores anunciaranse o sábado a partir das 10.30 da mañá para logo proseguir coa programación das actividades da asociación Anedia que consisten nunha charla-coloquio coa montañeira Susana Ruíz na Casa das Campás ás 11.00 e unha comida na área recreativa do Monte da Fracha ás 13.30 da tarde. Tras o xantar está proposta unha ruta de senderísmo xunto a Susana Ruiz e varios guías pola mesma zona do Monte da Fracha a partir das 16.00 horas e para finalizar tras a camiñada unha merenda e actividades e xogos para os nenos que vaian ao encontro.
A asociación Anedia coa colaboración do Concello de Pontevedra pretende con esta serie de iniciativas fomentar unha vida saudable cunha boa nutrición e a práctica de deporte, ademais de informar ás nenos sobre a diabete.
A exposición permanecerá aberta ao público durante dez días.
Ir ao enlace: pontevedraviva.com

La voz de Galicia |
Faro de Vigo |
Ningún comentario:
Publicar un comentario