luns, 6 de abril de 2015

Charla, convivencia e andaina con Susana Ruíz na Fracha


Sabado 11 de abril
Charla de Susana Ruíz
Comida familiar
III ruta de sendeirismo "subida á Fracha"
ANEDIA

- Organiza desta volta unha nova saída para comer e facer un pouco de exercicio en familia que pensamos, non vos deixará indiferentes. Ademais esperamos que sexa unha xornada onde aprendamos das experiencias e consellos de Susana e poidamos poñelos directamente en práctica pola tarde.

- Empezaremos as actividades ás 11:00, na Casa das Campás de Pontevedra onde a Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia (ANEDIA) organiza unha charla-coloquio coa deportista con diabete Susana Ruiz, na que esta nos contará como os límites na práctica deportiva en grandes altitudes polos ti mesmo. Teremos o pracer de coñecer a súa experiencia no Himalaya, en Groenlandia e como se está preparando para unha nova aventura de ascensión ao Mera Peak de 6474 metros de altitude. Logo da charla poderémoslle facer cantas preguntas consideremos oportunas.
- Despois da charla iremos con ela a comer ó merendeiro dos montes que rodean o mirador da Fracha (13:00-13:30). Subiremos en coche, hai unha boa zona de aparcadoiro. E gozaremos dunha ampla zona con mesas de pedra onde as familias poderemos comer de “picnic” e poderemos contemplar a natureza e esta paisaxe singular (ademais hai moito espazo para que os nenos/as poidan xogar).
- Cando esteamos listos, aproximadamente ás 16:00, o atleta Diego Castro guiaranos pola "III Rota de Sendeirismo - Subida á Fracha". Nesta rota ademais contaremos coa presenza de Susana Ruíz que nos acompañará durante todo o traxecto, así como tamén con persoas coñecedoras da zona que nos irán explicando as singularidades desta paisaxe e a historia das súas terras e xentes. A ruta ten as seguintes especificacións técnicas (pódese realizar enteira ou só a metade, sexa esta a primeira metade na que nos adentraremos nos sendeiros da zona ou a segunda na que faremos a subida o mirador da fracha, xa que a rota ten forma de 8 e na metade da mesma pasamos moi preto do merendeiro):

Dificultade: media
Distancia: 8 km
Duración aproximada: 2 horas 30'
Tipo de sendeiro: circular
Desnivel positivo: 350 m
Lugar de partida/chegada: merendeiro
Esta vez será unha rota de sendeirismo onde poderemos gozar das vistas do pico máis alto do Concello de Pontevedra. Discorrerá por camiños de terra, cortalumes, pequenos sendeiros de pedras soltas onde cruzaremos algún pequeno regato. Farase como noutras ocasións una parada de 20-30 minutos para repoñer forzas, comer e facer os controis pertinentes.
A lonxitude total é bastante menos que noutras ocasións, pero a dificultade increméntase debido a altitude e ó desnivel. Todos os sendeiros son perfectamente practicables, pero levarase un ritmo lento para que ninguén canse máis do debido. A rota está xa probada por Manu Barreiro, que ten 7 anos, e a fixo sen dificultade.
Recomendacións a seguir: non sabemos como estará o tempo, pero xa que vamos a estar nun lugar sen sombra é totalmente IMPRESCINDIBLE traer crema protectora solar e auga suficiente. Haberá unha fonte natural na metade do sendeiro para recher as botellas. Imaxinamos que non será un día de excesiva calor, pero máis vale previr.

Todas estas actividades, como sempre, son de balde e abertas a todo o público. Ademais tamén é posible acudir a só algunha das actividades (as que consideremos máis do noso interese).
Aínda que non tedes obriga de confirmar a vosa asistencia si nos gustaría saber cantos ides acudir porque a sala de conferencias da Casa das Campás ten un aforo de 80 persoas e sen lugar a dúbida teñen preferencia os nosos socios (pero para iso hai que avisar).

Aquí vos deixamos algunhas fotos da paraxe tan fermosa que visitaremos o día 11 de abril, e na que esperamos gozar coa presenza de moitos de vós.


Ir ao enlace: www.facebook.com
Ir ao enlace: www.twitter.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario