domingo, 3 de maio de 2015
Feliz día da nai
Hoxe queremos rendir unha pequena grande homenaxe a todas as mamás de peques con diabete.
Nais que sobre todo estamos dotadas dunha graaaaan paciencia para poder con todo o que a diabete implica.
É duro cando nun primeiro momento che din que un fillo/a ten diabete, moi duro. É difícil asimilar en tan poucos días como vai ser a túa vida a partir de agora, como pode afectar esta enfermidade ao teu fillo, cantas noites en vela, cantas horas roubadas ao sono para simplemente mirar como el ou ela durme…
“A vida do teu fillo/a será como a de calquera outro ” dinche. Si, e iso precisamente é do que nos encargamos nós. Somos calculadoras viventes, capaces de traducir calquera comida en racións, as nosas cociñas son laboratorios cheas de pesas, edulcorantes…, as nosas mesas de noite son farmacias de garda, os nosos bolsos deixaron de ser bolsos para pasar a ser mochilas onde calquera cousa ten cabida, xa non podemos ir ao super en dez minutos e facer unha compra rápida porque temos que ir con calma e a calculadora para ver que produtos elaborados son os máis adecuados… E falando do móbil, somos centraliñas sempre que non están ao noso lado. E cando si os temos cerca chegan as alarmas, para o control, para a lantus… alarmas de día, alarmas na noite…. Somos nais de guerreiros/as cada día, tooodo o día.
Somos punto de información, informámonos para estar sempre actualizadas, e informamos ao noso redor para que todos coñezan o máis mínimo detalle.
Pero todo iso ten unha recompensa e é cando o glicómetro marca o valor e se atopa no rango, cando ves sorrir ao tu peque, cando vai a un cumple e merenda igual que os demais, cando pola mañá se levanta deixando atrás a noite sen ningunha complicación, cando chega do cole e che conta como lle foi cos compañeiros/as e non nomea para nada os controis que tivo que facer.
O ensinarlles a que a diabete estea na su vida e non que a súa vida sexa a diabete, é a nosa nova misión dende o seu debut e para isto aínda que haxa días que cando non te ven te vés abaixo, sóbrannos forzas e ganas.
Por todo isto e moooooito máis, que só sabemos nós,
Feliz día da nai.
Elaborado a partir dun texto de Claudia Medina.
martes, 28 de abril de 2015
Convivencia familiar con ANEDIA
ANEDIA organiza unha convivencia familiar
Domingo, 10 de mayo a las 11:00
Mirador De La Curota en Boiro
As 11h comenzará a andaina familiar dende o mirador da Curota, na Pobra do Caramiñal.
- A andaina é de de escasa dificultade e adaptada aos máis pequenos da familia.
- Para esta andaina contamos coa colaboración da Sección de Senderismo da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza que nos facilita personal colaborador.
- Temos que estar na cima antes das 11h porque ese mesmo día se celebra unha carreira de montaña e a carretera vaise cortar.
Despois da ruta comeríamos no propio monte (cabe a posibilidade de reservar a comida na zona por un prezo asequible e que no la entreguen no propio monte), aproveitando ademais que ese día se celebra una romería popular nun cruceiro próximo.
Xa pola tarde temos preparado un pequeno paseo en poni a cargo de Equas Rutas a Caballo, e para os nenos/as maiores de 10 podemos ter a opción de facelo a cabalo.
Ao final da tarde ANEDIA fará entrega dun pequeno agasallo a todos os que participen nesta actividade.
Ir ao enlace: www.facebook.com
Ir ao enlace: www.twitter.com
mércores, 22 de abril de 2015
Entrega de premios do concurso de debuxo de ANEDIA
Entrega de premios do concurso de debuxo de Anedia
O concelleiro de Educación, Agustín Fernández, entregou este mércores os premios aos gañadores do concurso de debuxo organizado no marco das actividades de formación sobre a diabete, nas que contou coa colaboración da asociación Anedia.
Os seis gañadores (dous por cada ciclo de Ensino Primario) foron elixidos entre os preto de 100 debuxos que se presentaron ao concurso e que participaron na exposición "Diabete e Deporte", que acolleu o vestíbulo da Casa do Concello durante as últimas semanas.
No segundo ciclo os elixidos foron Belén Dasilva e Diego Cuerdo (CEIP Marcón). Finalmente, no terceiro ciclo, Laura Suárez (CEIP de Xeve) e Dinke Suárez (de Marcón). Todos eles recibiron cheques-regalo para material deportivo.
Agustín Fernández agradeceu á asociación Anedia a súa colaboración nesta iniciativa, que tivo como dobre obxectivo sensibilizar á comunidade docente sobre as necesidades especiais dos alumnos diabéticos e tamén mellorar a comprensión desta enfermidade entre os propios rapaces.
Xunto co concelleiro estiveron hoxe Silvia Puga (vicepresidenta de Anedia) e Diego Castro (vogal de Deportes). Silvia subliñou a importancia de traballar cos colexios, chegando ás ANPA, aos comedores e ás actividades extraescolares. Engadiu que aínda que hai colexios que non teñen alumnos diabéticos, poden telo en calquera momento e deben estar preparados. Diego Castro amosou a súa satisfacción pola concienciación acadada entre os rapaces sobre a importancia dunha boa alimentación.
Ir ao enlace: www.pontevedra.gal
Ir ao enlace: www.pontevedraviva.com
Ir ao enlace: www.farodevigo.es
martes, 21 de abril de 2015
Charla de formación no colexio CEIP a Laxe de Marín

Foi unha charla impartida por enfermeiras en activo de Pontevedra e dirixida a todo o profesorado así como á coidadora do centro.
Unha charla clara e directa que serviu para transmitir confianza e traquilidade ao claustro de profesores/as do centro.
luns, 20 de abril de 2015
Colaboración de José Iván Parada "o leite".
Hoxe dán comezo no noso blog unha serie de colaboracións mensuaisa modo de artigo de José Iván Parada Guajardo-Fajardo, un técnico superior de dietética e nutrición en el IES que fixo as prácticas entre a unidade de endocrinoloxía da doutora Teresa Martinez facendo educación diabetolóxica ,e a unidade de dietética do Juan Canalejo e tamén antropometrista pola Isak.
Nun principio a súa colaboración terá unha periodicidade mensual e podedes opinar sobre ela e propor todos aqueles temas que consideredes de interese para que nos ofreza unha opinión máis en profundidade sobre unha realidade que vos preocupe máis en concreto.
Así que xa sabedes, gozade deste primeiro artigo sobre o leite e propoñédenos todos aqueles temas que vos resulten de interese.
O leite from anediagalicia
venres, 17 de abril de 2015
Charla de ANEDIA no colexio IES Félix Muriel de Rianxo
Hoxe Diego Castro e Mar Fontán achegáronse ata o IES Félix Muriel de Rianxo para darlle ao alumnado de 1° e 2° da ESO unha charla sobre Diabete, deporte e nutrición.
Foi unha charla moi produtiva para todos na que ademais se lle pasou un cuestionario aos nenos/as que estamos analizando.
1º da ESO
2º da ESO
os nenos de 2º da ESO do IES Félix Muriel, tras unha enquisa realizada a 90 alumnos, contáronnos que:
- Arredor do 20% deles toman leite á cea.
- Un 65% cean de prato de comida.
- Apenas un 12% toman zume ao almorzo.
- Soamente un 4.5% toman unha peza de froita ao almorzo.
luns, 13 de abril de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



