domingo, 3 de maio de 2015

Feliz día da nai


Hoxe queremos rendir unha pequena grande homenaxe a todas as mamás de peques con diabete.

Nais que sobre todo estamos dotadas dunha graaaaan paciencia para poder con todo o que a diabete implica.
É duro cando nun primeiro momento che din que un fillo/a ten diabete, moi duro. É difícil asimilar en tan poucos días como vai ser a túa vida a partir de agora, como pode afectar esta enfermidade ao teu fillo, cantas noites en vela, cantas horas roubadas ao sono para simplemente mirar como el ou ela durme…

“A vida do teu fillo/a será como a de calquera outro ” dinche. Si, e iso precisamente é do que nos encargamos nós. Somos calculadoras viventes, capaces de traducir calquera comida en racións, as nosas cociñas son laboratorios cheas de pesas, edulcorantes…, as nosas mesas de noite son farmacias de garda, os nosos bolsos deixaron de ser bolsos para pasar a ser mochilas onde calquera cousa ten cabida, xa non podemos ir ao super en dez minutos e facer unha compra rápida porque temos que ir con calma e a calculadora para ver que produtos elaborados son os máis adecuados… E falando do móbil, somos centraliñas sempre que non están ao noso lado. E cando si os temos cerca chegan as alarmas, para o control, para a lantus… alarmas de día, alarmas na noite…. Somos nais de guerreiros/as cada día, tooodo o día.
Somos punto de información, informámonos para estar sempre actualizadas, e informamos ao noso redor para que todos coñezan o máis mínimo detalle.

Pero todo iso ten unha recompensa e é cando o glicómetro marca o valor e se atopa no rango, cando ves sorrir ao tu peque, cando vai a un cumple e merenda igual que os demais, cando pola mañá se levanta deixando atrás a noite sen ningunha complicación, cando chega do cole e che conta como lle foi cos compañeiros/as e non nomea para nada os controis que tivo que facer.
O ensinarlles a que a diabete estea na su vida e non que a súa vida sexa a diabete, é a nosa nova misión dende o seu debut e para isto aínda que haxa días que cando non te ven te vés abaixo, sóbrannos forzas e ganas.

Por todo isto e moooooito máis, que só sabemos nós,
Feliz día da nai.

Elaborado a partir dun texto de Claudia Medina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario