Produciuse un cambio no noso programa de actividades do Día Mundial que queremos comunicar de xeito inmediato.
A actuación musical de despois do encendido do Concello de Pontevedra en Azul vai correr a cargo do Grupo de Cantareiras Madia Leva.
Grupo de recoñecida renome na nosa sociedade que xa nos deleitou coas súas cancións o 1º ano que o Concello de Pontevedra se iluminou de azul.
E se queredes seguir gozando da súa música despois do noso pequeno acto do venres, non dubidedes en achegarvos ao Auditorio de Ribadumia, onde o domingo día 15 de novembro ás 19:00 horas ofrecerán un concerto de balde.
(premede na imaxe para máis información)
mércores, 11 de novembro de 2015
martes, 10 de novembro de 2015
Información na prensa
Grazas a todos os medios de comunicación que se están facendo eco das noticias.
Grazas a vós chegamos ao conxunto da sociedade.
Estas son son as noticias dos últimos días... estamos moi agradecidos.
http://pontevedraviva.com/xeral/23839/comedores-escolares-ensenaran-esta-semana-lo-que-come-un-nino-con-diabete/?phpcan_action=favoritos
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2015/11/10/anedia-disena-semana-actos-visibilizar-diabetes-infantil/0003_201511P10C5993.htm
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/colegios-publicos-vigo-pontevedra-coruna-educaran-ninos-diabetes-buena-alimentacion/idEdicion-2015-11-09/idNoticia-963039/
http://pontevedraviva.com/xeral/23857/milla-urbana-actos-anedia-diabete-dia-internacional-concello-azul/
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/11/10/pontevedra-celebrara-durante-tres-jornadas/1347896.html
http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2015/11/09/colegios-coruna-ofreceran-talleres-semana/1012028.html
http://www.stadiosport.es/articulo/galicia/comedores-escolares-pontevedra-vigo-coruna-afondan-cos-escolares-na-diabete-alimentacion-saudable/20151108235926046920.html
http://www.noticieirogalego.com/2015/11/lores-recibe-a-un-grupo-de-cativos-con-diabete-e-toma-nota-das-suas-demandas/
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/colexios-publicos-vigo-pontevedra-coruna-educaran-aos-nenos-diabete-boa-alimentacion/idEdicion-2015-11-08/idNoticia-962995/
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/11/05/cerca-centenar-ninos-pontevedra-convivir/1344877.html
http://www.pontevedra.gal/novas/2015/11/10/a-diabete-infantil-centra-os-actos-do-14-de-novembro-dia-mundial-da-enfermidade/
http://pontevedraviva.com/xeral/23739/lores-hablara-con-panaderos-cine-imd-demandas-ninos-diabete/?lang=gl
http://www.pontevedra.gal/novas/2015/11/04/lores-recibe-a-nens-con-diabete-e-toma-nota-das-suas-demandas/
http://pontevedraviva.com/galeria/1694/lores-hablara-con-panaderos-cine-imd-demandas-ninos-diabete-fotos/#/0

luns, 9 de novembro de 2015
Actividades para conmemorar o Día Mundial
A programación
de actos para conmemorar o Día Mundial da Diabete o 14 de novembro exténdese durante 6 días dende o 9 ata o 14 de novembro con actividades que fan
referencia aos tres pilares básicos no coidado da diabete: exercicio físico,
alimentación e medicación.
1.
A
alimentación ímola abordar grazas á implicación dos comedores escolares. Todos os
comedores escolares dos colexios públicos de Pontevedra e Vigo e boa parte dos
do Concello da Coruña uniranse ao longo desta semana á conmemoración do Día
Mundial da Diabete cunha serie de actividades destinadas a afondar no
coñecemento da diabete, no seu impacto na idade infantil e, en xeral, nos
hábitos de vida e alimentación saudables. Anedia colabora coa empresa Serunion e
coas asociacións de nais e pais para a posta en marcha desta iniciativa, que se
desenvolverá entre este luns 9 e o venres 13 de novembro nos colexios públicos
cuxos comedores escolares están xestionados por Serunion.
2. A medicación a través dunha charla informativa sobre a falta de adherencia ao
tratamento da Diabete impartida por unha nutricionista, unha educadoras e unha
psicóloga do Servizo Galego de Saúde. A charla será na Sala Valdecorvos da Casa
Azul ás 18:30.
3. O deporte coa milla pola diabete. É unha carreira lúdica e festiva para todas as idades e aberta a
tódolos cidadáns que queiran participar (a partir dos 3 anos e dividida por
categorías). A saída será a partir das 17:00 da tarde na Praza de España,
onde rematará tamén tras un percorrido de case 1609 metros pola rúa Michelena
de Pontevedra. Anedia regalará a cada participante
unha bolsa de avituallamento cunha botella de auga e unha froita. Tamén haberá
sorteo de agasallos entre tódolos participantes e trofeos e medallas para os gañadores (e para todos os nenos/as menores de 6 anos)
A maiores uníndoos
todos e para tamén dar a coñecer a enfermidade ao conxunto da sociedade. O
venres optamos por un acto público cunha finalidade lúdica e reivindicativa. A
parte lúdica vén da man da Banda de música infantil de Campo Lameiro e do grupo
tradicional Maravallada e a reivindicativa da parte dun manifesto que
elaboraron os propios nenos/as de Anedia para que o resto da cidadanía saiba de
primeira man como é o seu día a día e o que eles consideran necesario para
melloralo e como colofón e facendo o mesmo que se fai en todos os lugares do
mundo neste mesmo día o encendido en azul do Concello de Pontevedra. Estas
actividades serán o venres 13 a partir das 19:00 na Praza de España.
venres, 6 de novembro de 2015
Reunión co Alcalde de Pontevedra
Unha pequena representación dos nenos e nenas da
asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia (ANEDIA) reuníuse hoxe co
alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, co fin de
facerlle chegar as peticións concretas que teñen para mellorar a cidade e a súa
calidade de vida.
Os nenos trasladaron ao alcalde que, por
ter diabete, pasan por moitas situacións nas que se sinten diferente aos
demais, cousas da vida cotiá que os pais tratan de que acepten con naturalidade
porque é algo que os vai acompañar toda a súa vida. Entre outras situacións, debeb
medir a súa glicosa, inxectarse insulina, tomar determinadas racións de
hidratos de carbono e, ademais, facelo todo en momentos concretos, aínda que
estean no colexio, no parque, no aniversario dun amigo ou nun partido de
fútbol. Ademais, algunhas veces pode que outros nenos/as vaian tomar unhas
lambetadas ou un xeado e eles resignados que renuncian aínda que lles custe.
Así pois, os nosos nenos/as non só teñen
que asumir o seu tratamento para estar ben, senón que ademais teñen que aceptar
ser diferentes e que os demais o acepten a el/ela. É unha cuestión de
autoestima, de facerlle ver as cousas o máis natural posibles e por suposto que
se sinta integrado con seus iguais, para que non o vexan diferente. Xa que non
nos esquezamos que a pesar de todas as cousas que implica a diabete, os nosos
nenos/as poden e deben realizar todas as actividades do mesmo xeito que
calquera outro neno/a.
De aí vén que queiran -e os seus pais
tamén- conseguir unha integración total no seu ámbito habitual e lle soliciten
ao máximo representante do Concello de Pontevedra a súa implicación neste tema.
As demandas concretas que lle pediron ao alcalde de Pontevedra foron:
- Que as cafeterías e demais establecementos
hosteleiros da cidade teñen bebidas adaptadas para persoas con diabete do tipo
de: aquarius libre, fanta cero, trina sen azucre, zume sen azucre, cocacola
light sen cafeína…de xeito que se poida crear unha rede de establecementos
amigos das persoas con diabete que garantan o seu acceso a bebidas sen azucre e
a una báscula que lles permita pesar os alimentos que van inxerir e saber que
cantidade de hidratos de carbono posúe cada un deses alimentos.
- Aclararlle
que un neno/a con diabete non necesita nin desexa compaixón; necesitan
comprensión, aceptación e apoio. Enn primeiro lugar e sobre todo, o neno/a con
diabete necesita e desexa sentirse tan único e especial como calquera outro
compañeiro da súa clase.
- Que os
monitores das actividades deportivas saiban resolver una hipoglicemia, de xeito
que teñan sempre a man os hidratos de carbono de absorción rápida e lenta e
saiban empregalos.
- Que os Reis
Magos traían este ano caramelos sen azucre para repartir na cabalgata de reis.
- Que nas
actividades lúdicas e deportivas que organiza o Concello de Pontevedra nas que
se ofreza comida aos participante, estea garantida sempre a presenza de froitas
e alimentos saudables aptos para eles e máis saudables para toda a poboación en
xeral.
- Que fagan
una comunicación aos Cines de Pontevedra para solicitarlle que os nenos/as e
demais persoas con diabete tipo I poidan entrar cos seus suplementos de azucre
necesarios para remontar unha hipoglicemia.
http://www.pontevedra.gal/novas/2015/11/04/lores-recibe-a-nens-con-diabete-e-toma-nota-das-suas-demandas/
http://pontevedraviva.com/xeral/23739/lores-hablara-con-panaderos-cine-imd-demandas-ninos-diabete/?lang=gl#/0
http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/460816/os-nenos-con-diabetes-piden-que-os-reis-magos-repartan-caramelos-sen-azucre
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/11/05/cerca-centenar-ninos-pontevedra-convivir/1344877.html
venres, 30 de outubro de 2015
I Milla pola Diabete
Como vén sendo habitual ANEDIA está preparando as actividades para conmemorar o Día Mundial da Diabete o 14 de Novembro con moito empeño para que a ninguén lle pase inadvertido o día.
Unha desas actividades é a I Milla pola Diabete "Que a diabete non te pare" na que agardamos contar con todos vós.
Será o día 14 de novembro a partir das 17:00 horas na praza de España de Pontevedra.
Apuntádevos en www.millapoladiabete.com

xoves, 22 de outubro de 2015
Alerta Sanitaria
Dende a Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (AEMPS), chegou unha alerta sanitaria sobre a "posibilidade de obter unha lectura de glicemia erroneamente elevada coas tiras reactivas GLUCOMEN LX SENSOR".
Para máis información, poden consultar o comunicado completo na seguinte ligazón: http://www.aemps.gob.es/informa/notasInformativas/productosSanitarios/seguridad/2015/NI-PS_15-2015-glucomen-lx.htm
Para máis información, poden consultar o comunicado completo na seguinte ligazón: http://www.aemps.gob.es/informa/notasInformativas/productosSanitarios/seguridad/2015/NI-PS_15-2015-glucomen-lx.htm
luns, 12 de outubro de 2015
Transdiabete 2015
O domingo 11 de outubro a Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia (ANEDIA) colaborou na organización nacional da Transdiabetes, unha andaina de relevos non competitiva que se vai levar a cabo en diferentes lugares de toda España. A nosa participación consistiu nunha camiñata polo último tramo do Camiño de Santiago Portugués.
A Transdiabetes leva un aro azul por todos os seus percorridos organizados ao longo de toda España coa meta de chegar o 14 novembro a Madrid ou á localidade onde se celebre o acto central do Día Mundial da Diabetes. No tramo que organizou Anedia o aro saiu de Padrón ás 9.00 horas e chegou ás 17.00 horas á praza do Obradoiro.
A actividade tivo unha duración aproximada de nove horas e estaba pensada para todos os públicos, de modo que se facilitou aos participantes que se incorporasen no punto do percorrido que desexasen ou que máis se adaptase ás súas necesidades ou condición física. Houbo múltiples paradas e contaou co asesoramento de Diego Castro, deportista pontevedrés con diabetes dende neno.
A partir das 15.00 horas tivo lugar unha comida de convivencia na Cidade da Cultura na que participaron as persoas que fixeron o percorrido organizado por Anedia e outras que chegaron dende as demais provincias galegas con actividades similares. Ao remate,realizamos xuntos o último tramo do percorrido ata a praza do Obradoiro.
A participación de Anedia enmarcase no noso programa de actividades para a sensibilización e concienciación social en relación coa diabetes en idade infantil.
Os obxectivos da andaina era prestar apoio a outras persoas con diabetes, promover estilos de vida saudables que teñan un impacto favorable sobre a evolución e o prognóstico da diabetes, saír do illamento persoal e mediático e promover a cooperación social sobre a enfermidade.Máis información en:
http://www.stadiosport.es/articulo/atletismo1/andaina-relevos-nivel-estatal-transdiabetes-tera-tramo-galego-da-man-anedia/20151005024407044775.html
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2015/10/12/bueu-suma-transdiabetes/1330191.html
Telediario do 11 de outubro. http://www.crtvg.es/informativos/unha-marcha-pola-diabetes-demanda-recursos-e-formacion-1500361
Entrevista na Localia Vigo con Diego Castro. https://www.youtube.com/watch?v=JDeU7gvOQGs&list=PLGXwb0FNyA2yXUyyszGk-0RjDb5xIfKfL&sns=fb
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/10/06/carrera-estatal-relevos-transdiabetes-tendra/1326592.html
Entrevista a Diego Castro en Convivir en Igualdade. http://www.crtvg.es/rg/a-carta/convivir-en-igualdade-convivir-en-igualdade-do-dia-06-10-2015-1487089
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)