Anedia na Rota de Sendeirismo polo río Tomeza Pontevedra
venres, 20 de febreiro de 2015
xoves, 19 de febreiro de 2015
Charlas sobre a Diabete, deporte e nutrición
Anedia y el Concello impulsan un plan escolar sobre diabetes, deporte y nutrición
Mar Fontán y Diego Castro impartirán charlas en colegios para formar a alumnos de primaria y secundaria y a profesores
La Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia (Anedia), en colaboración con la concejalía de Educación de Pontevedra, desarrollará en los próximos meses un programa de charlas en colegios públicos del municipio. El objetivo del plan es formar en diabetes, deporte y nutrición a alumnos de primaria y secundaria y también a profesores. Las sesiones, muy prácticas, serán impartidas por el atleta profesional Diego Castro y la paciente y madre de una niña con diabetes Mar Fontán. De forma paralela al programa Diabete, deporte e nutrición se llevará a cabo un concurso escolar de dibujo.
Ir ao enlace: www.lavozdegalicia.es
Os escolares pontevedreses formaranse en diabete, deporte e nutrición
A asociación de nenos con diabete de Galicia (ANEDIA) e a Concellaría de Educación e Deportes do Concello de Pontevedra colaborarán nos vindeiros meses na organización dunha serie de charlas nos centros educativos públicos do municipio sobre o deporte, a nutrición e a súa importancia no coidado da diabete e no mantemento dun estado óptimo de saúde.
A través desta acción formativa, Anedia pretende dotar ao alumnado e profesorado dos coñecementos necesarios que permitan a integración en igualdade dos escolares con diabete, ao tempo que proporcionan a toda a comunidade educativa coñecementos básicos sobre diabete, deporte, alimentación e hábitos de vida saudables. Todo a través dunha charla que se desenvolverá cunha metodoloxía didáctica, práctica e lúdica no que se formen mentres conversan, observan e manipulan.
Dende a Concellaría de Educación xa se puxo en coñecemento de todos os colexios da existencia desta actividade co obxectivo de que todas as comunidades escolares que desexen que chegue ao seu centro o comuniquen. A charla, dunha duración duns 50 minutos, estádestinada ao alumnado de Primaria e Secundaria de todos os centros educativos pontevedreses, pero en cada caso adaptarase á idade dos nenos asistentes.
A actividade correrá a cargo de dous poñentes, o atleta profesional Diego Castro, con diabete dende neno e técnico de animación sociocultural con experiencia no coidado de nenos con diabete e discapacidade motora e con formación específica en nutrición; e Mar Fontán, paciente experta en diabete do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e nai dunha nena con diabete dende hai 9 anos.
Os obxectivos desta charla son coñecer a importancia do deporte para levar unha vida sa; sensibilizar, formar e capacitar ao alumnado e profesorado dos centros escolares no manexo multidimensional da diabete, para favorecer a correcta integración dos escolares con esta patoloxía; fomentar actitudes e valores favorables á integración escolar do neno e adolescente con diabete; e recoñecer a importancia da alimentación sa e equilibrada para mantermos un estado óptimo de saúde e evitarmos enfermidades.
Como parte da programación da charla ‘Diabete, deporte e nutrición’, Anedia e a Concellaría de Educación e Deportes ofertan aos centros escolares a participación nun concurso escolar de debuxo titulado 'Diabete e Deporte', no que poderá participar todo o alumnado do centro educativo que reciba a formación en catro categorías diferentes: primeiro ciclo de Primaria, segundo ciclo de Primaria e terceiro ciclo de Primaria e Secundaria.
O premio será un cheque regalo de 50 e de 30 euros en material deportivo para o primeiro e segundo clasificado de cada categoría e haberá un agasallo especial para o centro educativo con máis porcentaxe de participantes; así como material bibliográfico específico de diabete para nenos a disposición de todas as bibliotecas escolares.

Ir ao enlace: www.pontevedraviva.com
Anedia forma a los escolares sobre diabetes y nutrición
La asociación de niños con diabetes de Galicia (Anedia) y la Concejalía de Educación y Deportes colaboran en la organización de una serie de charlas en los centros educativos públicos sobre el deporte, la nutrición y su importancia en el cuidado de la diabetes y en el mantenimiento de un estado óptimo de salud. A través de esta acción formativa, Anedia pretende dotar al alumnado y profesorado de los conocimientos necesarios que permitan la integración en igualdad de los escolares diabéticos, al tiempo que proporcionan a toda la comunidad educativa conocimientos básicos sobre diabetes, deporte, alimentación y hábitos de vida saludables. Todo a través de una charla que se desarrollará con una metodología didáctica, práctica y lúdica en el que se formen mientras conversan, observan y manipulan.
Ir ao enlace: www.farodevigo.es
luns, 9 de febreiro de 2015
Ruta de Sendeirismo de Anedia polo río Tomeza
Ruta polo río Tomeza para concienciar sobre a diabete infantil
Ruta de sendeirismo de Anedia polo río Tomeza
Máis de medio cento de persoas, a maioría vestidas cunha camiseta azul -a cor da diabete-, percorreron este domingo 12 quilómetros á beira do río Tomeza para sensibilizar e concienciar á sociedada en relación coa diabete en idade infantil.
Os asistentes responderon á chamada da Asociación de nenas e nenos con diabete de Galicia (Anedia), que convocou aprimeira ruta de sendeirismo do colectivo a partir das 15.15 horas e durante toda a tarde do domingo.
A actividade tivo unha duración aproximada de catro horas ida e volta e congregou a persoas de todas as idades, con máis dunha decena de nenos menores e o resto, persoas adultas.
Así dá gusto rematar a semana.
Grazas a todos pola vosa asistencia e a Diego Castro por guiarnos e organizalo.
A aqueles que non nos puidestes acompañar, agardámosvos na próxima.
venres, 6 de febreiro de 2015
Os comedores de Pontevedra Serunion
Comedor escolar - Mónica Patxot Pontevedra
Os comedores de Pontevedra estrearán "de xeito inmediato" menús personalizados para escolares con diabete
Os comedores dos centros escolares de Pontevedra estrearán "de xeito inmediato" menús personalizados para nenos con diabete tanto á hora do almorzo como da comida, como froito dun acordo entre a asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia (ANEDIA), a Federación de asociacións de nais e país de alumnos de Pontevedra (FANPA) e a empresa Serunion, que na actualidade xestiona todos os comedores públicos do municipio.
Nunha reunión celebrada este xoves na Casa Azul, a empresa comprometeuse con Anedia a adaptar os menús ás necesidades específicas de cada neno con diabete que utilice o servizo,seguindo as indicacións aportadas polas familias e polo médico especialista que atenda ao menor. Os menús, como en calquera outro caso, serán variados, completos, sans e equilibrados, pois os nenos con esta enfermidade crónica non teñen por que comer diferente, só hai que ofrecerlle a cantidade de hidratos de carbono indicada polo seu especialista e evitar os de absorción rápida.
Segundo informou Anedia nun comunicado, na actualidade, Serunion xa ofrece un menú para persoas con diabete, pero non está adaptado ás particularidades dos nenos. Limítase a reducir a inxesta de hidratos de carbono e graxas, sen ter en conta a cantidade de hidratos que necesita cada neno en particular.
Como resultado do acordo entre Anedia, a Fanpa e Serunion, todos os comedores escolares pasarán a estar equipados con Glucagón, medicamento que se aplica ás persoas con diabete en caso de hipoglicemia con perda de coñecemento.
Anedia sinala que esta medida permitirá afondar na conciliación da vida familiar e laboraldos pais de nenos con diabete, pois na actualidade son moi poucos os escolares inscritos nos servizos de comedor escolar, dadas as escasas garantías que tiñan os pais de que os seus fillos recibiran a atención alimentaria axeitada.
RUTA DE SENDEIRISMO
Anedia continúa co seu programa de actividades para a sensibilización e concienciación social en relación coa diabete en idade infantil e este domingo ten organizada unha ruta de sendeirismo polo río Tomeza que fomentará a convivencia de nenos e adultos con diabete e sen ela.
A cita será ás 15.15 horas no albergue de peregrinos da rúa Otero Pedrayo, ten una duración aproximada de catro horas e está pensada para un nivel de esixencia baixo. Contará co asesoramento do deportista pontevedrés Diego Castro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)