xoves, 19 de febreiro de 2015

Charlas sobre a Diabete, deporte e nutrición



Anedia y el Concello impulsan un plan escolar sobre diabetes, deporte y nutrición

Mar Fontán y Diego Castro impartirán charlas en colegios para formar a alumnos de primaria y secundaria y a profesores

La Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia (Anedia), en colaboración con la concejalía de Educación de Pontevedra, desarrollará en los próximos meses un programa de charlas en colegios públicos del municipio. El objetivo del plan es formar en diabetes, deporte y nutrición a alumnos de primaria y secundaria y también a profesores. Las sesiones, muy prácticas, serán impartidas por el atleta profesional Diego Castro y la paciente y madre de una niña con diabetes Mar Fontán. De forma paralela al programa Diabete, deporte e nutrición se llevará a cabo un concurso escolar de dibujo.
Ir ao enlace: www.lavozdegalicia.es



Os escolares pontevedreses formaranse en diabete, deporte e nutrición

   Charla de Anedia en Campañó

A asociación de nenos con diabete de Galicia (ANEDIA) e a Concellaría de Educación e Deportes do Concello de Pontevedra colaborarán nos vindeiros meses na organización dunha serie de charlas nos centros educativos públicos do municipio sobre o deporte, a nutrición e a súa importancia no coidado da diabete e no mantemento dun estado óptimo de saúde.

A través desta acción formativa, Anedia pretende dotar ao alumnado e profesorado dos coñecementos necesarios que permitan a integración en igualdade dos escolares con diabete, ao tempo que proporcionan a toda a comunidade educativa coñecementos básicos sobre diabete, deporte, alimentación e hábitos de vida saudables. Todo a través dunha charla que se desenvolverá cunha metodoloxía didáctica, práctica e lúdica no que se formen mentres conversan, observan e manipulan.

Dende a Concellaría de Educación xa se puxo en coñecemento de todos os colexios da existencia desta actividade co obxectivo de que todas as comunidades escolares que desexen que chegue ao seu centro o comuniquen. A charla, dunha duración duns 50 minutos, estádestinada ao alumnado de Primaria e Secundaria de todos os centros educativos pontevedreses, pero en cada caso adaptarase á idade dos nenos asistentes.

A actividade correrá a cargo de dous poñentes, o atleta profesional Diego Castro, con diabete dende neno e técnico de animación sociocultural con experiencia no coidado de nenos con diabete e discapacidade motora e con formación específica en nutrición; e Mar Fontán, paciente experta en diabete do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e nai dunha nena con diabete dende hai 9 anos.

Os obxectivos desta charla son coñecer a importancia do deporte para levar unha vida sa; sensibilizar, formar e capacitar ao alumnado e profesorado dos centros escolares no manexo multidimensional da diabete, para favorecer a correcta integración dos escolares con esta patoloxía; fomentar actitudes e valores favorables á integración escolar do neno e adolescente con diabete; e recoñecer a importancia da alimentación sa e equilibrada para mantermos un estado óptimo de saúde e evitarmos enfermidades.

Como parte da programación da charla ‘Diabete, deporte e nutrición’, Anedia e a Concellaría de Educación e Deportes ofertan aos centros escolares a participación nun concurso escolar de debuxo titulado 'Diabete e Deporte', no que poderá participar todo o alumnado do centro educativo que reciba a formación en catro categorías diferentes: primeiro ciclo de Primaria, segundo ciclo de Primaria e terceiro ciclo de Primaria e Secundaria.

O premio será un cheque regalo de 50 e de 30 euros en material deportivo para o primeiro e segundo clasificado de cada categoría e haberá un agasallo especial para o centro educativo con máis porcentaxe de participantes; así como material bibliográfico específico de diabete para nenos a disposición de todas as bibliotecas escolares.

Ir ao enlace: www.pontevedraviva.com



Anedia forma a los escolares sobre diabetes y nutrición

La asociación de niños con diabetes de Galicia (Anedia) y la Concejalía de Educación y Deportes colaboran en la organización de una serie de charlas en los centros educativos públicos sobre el deporte, la nutrición y su importancia en el cuidado de la diabetes y en el mantenimiento de un estado óptimo de salud. A través de esta acción formativa, Anedia pretende dotar al alumnado y profesorado de los conocimientos necesarios que permitan la integración en igualdad de los escolares diabéticos, al tiempo que proporcionan a toda la comunidad educativa conocimientos básicos sobre diabetes, deporte, alimentación y hábitos de vida saludables. Todo a través de una charla que se desarrollará con una metodología didáctica, práctica y lúdica en el que se formen mientras conversan, observan y manipulan.

Ir ao enlace: www.farodevigo.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario