luns, 9 de febreiro de 2015

Ruta de Sendeirismo de Anedia polo río Tomeza

Ruta polo río Tomeza para concienciar sobre a diabete infantil




Ruta de sendeirismo de Anedia polo río Tomeza

Máis de medio cento de persoas, a maioría vestidas cunha camiseta azul -a cor da diabete-, percorreron este domingo 12 quilómetros á beira do río Tomeza para sensibilizar e concienciar á sociedada en relación coa diabete en idade infantil.


 

Os asistentes responderon á chamada da Asociación de nenas e nenos con diabete de Galicia (Anedia), que convocou aprimeira ruta de sendeirismo do colectivo a partir das 15.15 horas e durante toda a tarde do domingo.

A actividade tivo unha duración aproximada de catro horas ida e volta e congregou a persoas de todas as idades, con máis dunha decena de nenos menores e o resto, persoas adultas.


 

O deportista pontevedrés Diego Castro fixo de guía por este percorrido de dificultade baixa no que os asistentes cruzaron un par de pontes estreitas de madeira e, de regreso, percorreron unha parte do Camiño Portugués a Santiago.



Así dá gusto rematar a semana.
Grazas a todos pola vosa asistencia e a Diego Castro por guiarnos e organizalo.
A aqueles que non nos puidestes acompañar, agardámosvos na próxima.


Ir ao enlace: Pontevedraviva.com

Diario de Pontevedra
09-02-2014

Ningún comentario:

Publicar un comentario