luns, 1 de xullo de 2019

Os Bolechas saben o que é a diabetes


Despois da casa o sitio onde pasan máis tempos os nosos fillos e fillas é a escola, por iso é tan importante que a diabetes que levan na súa mochila se entenda ben neste espazo. Porque a diabetes non se pode deixar na casa.
Este é un dos obxetivos cos que naceu ANEDIA no seu día: traballar pola integración real e total de todos os nenos e nenas con diabetes.
Dende fai tempo botábamos de menos ter material propio,  precisábamos unha ferramenta que nos permitise achegar a diabetes aos máis pequenos con tranquilidade e con moita naturalidade.
Por todo iso pensamos nos Bolechas, e as nosas premisas foron moi simples, un neno/a que debuta e que fai deporte antes e despois, uns apuntes do que implica a diabetes e sobre todo que a vida debe continuar con normalidade, volver ao cole, seguir co deporte, acudir ao comedor, excursións e cumpreanos. Pepe Carreiro preparou un guión que foi correxido e supervisado por varias pediatras e educadoras e tamén por nós para que cumprise os obxetivos marcados.
Pero todo foi posible grazas a unha subvención da Área de Cultura da Deputación da Coruña que achegou unha parte importante do seu custe.
A Consellería de Educación xa está informada e o libro dos Bolechas xa está incluído nas maletas inclusivas que forman parte dos recursos dos profesorado dispoñibles nos CEFORES e no CAFI. 
Xa vos iremos informando das datas e lugares onde poderedes conseguilo, intentaremos que sexa o máis cómodo  para todos. 

1 comentario: