luns, 16 de setembro de 2019

14 de Setembro. Adolescencia e diabetes





SÁBADO 14 DE SETEMBRO. XORNADA SOBRE DIABETES TIPO 1


DIRIXIDO A ADOLESCENTES E  AS SÚAS FAMILIAS/COIDADORES



Este sábado foi unha desas datas que temos que marcar para sempre no calendario, grazas á ESCOLA GALEGA DE SAÚDE PARA CIDADÁNS do SERGAS, tivemos unha xornada excepcional. E non só pola categoría dos poñentes senón pola implicación das familias e os/as adolescentes que superaron con moito as expectativas de asistencia.

Iñaki Lorente, Victoria Hierro y Concepción Bande  foron os  profesionais encargados desta xornada, na que tamén colaboraron Lina e Laura.

Un total de 50 persoas acudimos á convocatoria, algúns estaban alí arrastrados, pero todos sairon ca sensación de que pagou a pena ir a esta xornada. 
Tratouse  dunha xornada de formación plantexada en dous grupos ben diferenciados, un de adolescentes e outro de familares e/ou coidadores. Unha vez establecidos os obxetivos os grupos traballaron por separado, e o final da xornada  reunimonos de novo para as conclusións.


Para empezar nos quedamos cunha frase de Iñaki, con diabetes non levamos unha vida NORMAL. Intentamos normalizar o que facemos, pero non é normal.

Isto supón a veces un esforzo físico e mental importante para todos. E por riba na adolescencia que é unha etapa difícil engadir diabetes é unha bomba. Unha bomba que cae en moitas familias, pero que ten tamén a ventaxa de que é unha etapa, que pasa e desaparece co paso do tempo. As hormonas volven ao seu sitio inda que nos pareza unha etapa eterna.
Tratar cos rapaces temas que lles afectan directamente como a relación cos seus iguais, ou tratar cas familias os problemas de parella, ou os problemas dos coidadores que están sós, foron algúns puntos claves. Ver os nosos fillos e fillas con outro prisma, eliminando o filtro da diabetes, chegar a compromisos con eles, o diálogo moitas veces case imposible,  e moitos máis temas sairon nesta xornada.

Falamos da formación  que temos e da que nos falta aos pacientes, tocamos as nosas emocións que moitas veces quedan fora do sistema, pero que necesitamos que se teñan en conta, e tamén dos profesionais que nos atenden, que o dan todo de sí mesmos, pero precisamos de máis persoal cualificado.


Poderíamos falar moito disto, pero nos quedamos con varias ideas claras:

Formación, porque temos que lidiar ca diabetes as 24horas do día, todos os días do ano, e os profesionais están para axudarnos e formarnos, pero non podemos ter a un o outro lado do teléfono sempre. Debemos ser ben entrenados para tomar decisións, para intentar resolver situacións de todo tipo.

Emocións, dende o primeiro momento deben de terse en conta, o debut é unha situación brutal psicolóxicamente falando, e non podemos intentar que o paciente/familiar en estado de shock entenda as diferencias entre insulinas ou a súa duración como obxetivo número un, a  axuda psicolóxica neste momento podería mellorar moito o comenzo desta nova etapa que vai mudar para sempre as súas vidas. E despois tamén, como non sucumbir o peso desta mochila que é para sempre é outra área a vixiar, pero por especialistas que comprendan a dimensión da diabetes.

Profesionais, está claro que precisamos máis persoal formado en diabetes, os actuais profesionais están saturados, e recoñecemos que fan un esforzo persoal en ocasións que vai máis alá do seu deber.


   En 4-6  meses teremos unha nova sesión para evaludar o resultados obtidos con esta xornada, e agardamos que as estupendas sensacións cas que saímos de Santiago nos duren moito tempo, e que sexamos capace de levar a cabo algunhas das estratexias que falamos.
  
  Grazas aos nosos estupendos poñentes pola súa implicación, e agardamos velos en breve, tamén un enorme abrazo ás profesionais pero ademáis grandes persoas que están detrás da Escola de Saúde para Cidadáns por esta oportunidade.
  
  E por  úlitmo a gradecer a ABBOTT tamén o seu apoio a este programa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario