Daniel Fernández Cerzón de 24 anos natural de Gondomar, propúxonos a ANEDIA a realización de 3 retos deportivos, co obxectivo de recadar fondos para a asociación, en canto nos contou a súa idea, quedamos atrapadas, polo seu entusiasmo e decisión e conmovidas pola súa determinación a hora de abordar estes retos deportivos.
(horas de paso aproximadas, recoméndase estar antes)
3º RETO: Data por determinar, 48 máximo, para ir de Gondomar a Santiago e volver correndo. (pendente de definir)
Obxectivos: recadar fondos para ANEDIA
Visibilizar as necesidades dos menores con Diabete.
Destino dos fondos: formación a monitores de tempo libre e deportivos na atención a menores con diabete.
RETA3, Móvete pola diabete,
un proxecto individual deseñado por Daniel, converteuse nun proxecto
colectivo, no que contamos co apoio de ASSEII, asociación sociosanitaria
educativa inflamatoria intestinal e PEDALADAS, Asociación sen ánimo de
lucro para a promoción da bicicleta e a defensa dos ciclistas e os seus
intereses principalmente en Pontevedra e entorno.
Polo que na totalidade ou en gran parte do percorrido, Daniel irá acompañado das seguintes persoas:
Andrés Barreiro pai dun neno con diabete e el mesmo con diabete.
Victor Loira, ,
Aarón Mayo
Carlos Leiros, e
Manolo Torres
Número de conta para colaborar con
RETA3, Móvete pola diabete e ANEDIA
IBAN: ES56 2100 4080 1122 0012 1884
Acompáñanos, nos puntos polos que pasará DANI e o seu pelotón, e se queres súbete a bici e percorre parte do traxecto con eles, só tes que porte unha camiseta azul e ter ganas de colaborar cos rapaces e rapazas con diabete.
Os retos estarán cheos de sorpresas, non deixes de seguilos, no facebook, twitter, instagran, seguro que te sorprenderán.
ANEDIA, aposta un estilo de vida saúdable, que inclúe a práctica habitual de exercicio físico e o consumo de produtos de orixe ecolóxico.
A comida que realizarán DANI e o seu pelotón, no Obradoiro e o abituallamiento durante o reto será todo de orixe ecolóxica.
Se queres que a túa empresa colabore nestes retos, ponte en contacto con nos a través do mail: anediagalicia@gmail.com
A comida que realizarán DANI e o seu pelotón, no Obradoiro e o abituallamiento durante o reto será todo de orixe ecolóxica.
Se queres que a túa empresa colabore nestes retos, ponte en contacto con nos a través do mail: anediagalicia@gmail.com
COLABORADORES:
Ningún comentario:
Publicar un comentario