luns, 9 de marzo de 2015

Segunda Rota de Sendeirismo: Río Lérez Pontevedra

Domingo 15 de marzo de 15h15 a 19h00

Organizado por ANEDIA
O guía da Rota será DIEGO CASTRO

Dificultade: Baixa
Distancia: 12-13 km totais
Duración aproximada: 4 horas.
Tipon de sendeiro: case lineal
Desnivel positivo: 150m aproximados
Climatoloxía: preferiblemente en día soleado, hai zonas de barro
Material: botas ou calzado cómodo de sendeirismo (vaise manchar de barro, chova ou non). Roupa cómoda e de abrigo. 1L de auga por persona como mínimo. Suficientes suplementos para 4 horas de actividade moderada. Merenda (froita+bocata pequeno).

Lugar de partida/chegada: Sairase da rota dende a praia fluvial de Pontevedra, e chegaremos pola ponte colgante da Illa das Esculturas (Illa do Corvo tamén chamada). Ambos puntos están a unha distancia aproximada de 750 metros. Recomendo deixar os coches máis preto do lugar de chegada.

A rota sairá dende a praia fluvial dirección ó mirador de Monteporreiro, para facer unha primeira e rápida parada polas vistas que nos ofrece este bonito lugar. Chegarase antes dos primeiros 25 minutos de andaina. Despois da foto de rigor baixaremos á rota do Lérez para percorrer case 5 kilómetros ata a primeira parada para merendar/xantar/facer controis de azucre; esta parada coincide cunha pequena arboleda onde hai sitio para descansar con comodidade.

Reanudaremos a rota volvendo polo camiño feito para, á altura do pequeno tramo de estrada que baixa á presa do río, cruzar unha ponte metálica e continuar a andaina por un tramo máis estreito, divertido e de maior dificultade, onde deberemos subir e baixar algunha escaleira y sortear algunha ponte feita con pedras ou paus. Finalmente chegaremos á Illa das Esculturas, onde finalizaremos a rota.

Pon a camiseta de ANEDIA, se non a tes, aínda estás a tempo de mercala se queres, pregúntanos no mail: anediagalicia@gmail.com

Ir ao enlace Facebook: Rota de Sendeirismo río Lerez
Ir ao enlaceTwitter: Rota de Sendeirismo río Lerez

Ningún comentario:

Publicar un comentario