Convocatoria para os/as socios/as e para os/as que queran colaborar e coñecer a asociación tamén, así como colaborar con ANEDIA.
CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA ANEDIA NOVEMBRO 2014
Data de celebración: sábado 29 de novembro de 2014 Lugar de celebración: Casa Azul do Concello de Pontevedra, Sala Valdecorvos Hora: 17:00 horas
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior
- Dar conta dos/as asistentes á asemblea
- Listaxe de persoas adheridas á asociación con data 29 de novembro de 2014
- Posta ao día do traballo realizado ata o de agora
- Recompilación da opinión e valoración dos/as integrantes da asociación acerca das actividades realizadas con motivo do Día Mundial da Diabete
- Resolucións da última asemblea da FEGADI
- Renovación e ampliación da Xunta Directiva. Ceses e novas incorporacións. Creación de vogalías territoriais.
- Rogos e preguntas
- Proposta de convocatoria da próxima reunión
Presidenta Secretario Ana Isabel Pérez Tomé e o Secretario José Antonio Pazos González
Ningún comentario:
Publicar un comentario