venres, 14 de novembro de 2014
I milla solidaria "Que o Diabete non te pare"
Aquí podedes ver unha pequena presentación de foto do que foi a I milla solidaria “que a diabete non te pare.
Agardámosvos na II Milla
mércores, 12 de novembro de 2014
Entrevista a Silvia Puga e Ana Pérez en Localia Vigo
Programa Cuídate de Localia Vigo. Entrevista á Presidenta de Anedia, Ana Pérez, e á Vicepresidenta, Silvia Puga. Ollar a partir do minuto 21.
martes, 11 de novembro de 2014
Milla solidaria da Diabete
Esperámoste en Pontevedra o 14 de novembro ás 18:00 na praza de España.
Podes recoller o teu dorsal, o xóves 13 de 16:00 a 18:00, e o venres 14 de 10:30 a 14:00 na Casa Azul, rúa Sor Lucía nº 2, despacho 32 O venres 14 de 16:00 a 17:30 na Praza de España
Podes recoller o teu dorsal, o xóves 13 de 16:00 a 18:00, e o venres 14 de 10:30 a 14:00 na Casa Azul, rúa Sor Lucía nº 2, despacho 32 O venres 14 de 16:00 a 17:30 na Praza de España
venres, 7 de novembro de 2014
Os medios de comunicación fanse eco das actividades de ANEDIA para o Día Mundial de Diabete 2014
FARO DE VIGO: Marea azul por los escolares con diabetes
FANPA: ANEDIA no día mundial da diabete
CONCELLO DE PONTEVEDRA: O Concello apoia á asociación Anedia na celebración do Día Mundial da Diabete
Entrevista da Presidenta de ANEDIA en Localia-Vigo
Ollade a Ana Isabel Pérez Tomé, Presidenta de Anedia, no programa de Localia-Vigo “Cuídate” do pasado 28 de outubro. A partir do minuto 19.
xoves, 6 de novembro de 2014
Animan a inundar Pontevedra cunha "MAREA AZUL" contra a diabete
Que a diabete non te pare. É o lema escollido este ano para a celebración do Día Mundial da Diabete, que se celebrará o próximo 14 de novembro. En Pontevedra, será a asociación Anedia, creada hai dous anos e centrada na prevención e atención de nenos e nenas con diabete, a que coordine unha serie de actividades coas que se pretende concienciar á cidadanía sobre esta enfermidade.
Segundo avanzou a presidenta deste colectivo, Ana Pérez, a reivindicación deste ano está dirixida á Xunta de Galicia, para que cre un protocolo de atención a escolares con diabete, do mesmo xeito que existe noutras comunidades autónomas. Asegurou que é unha “necesidade” para os nenos, as súas familias e os propios docentes, para que os afectados por esta enfermidade “poidan ir a clase con tranquilidade” e a diabete “non sexa unha carga para eles”.
Ana Pérez explicou que os nenos con diabetes, por norma xeral, deben medirse os niveis de azucre antes e logo de cada comida para controlar a enfermidade e previr posibles hipoglucemias (baixadas de azucre). Algo que, moitos deles, realizan coa axuda dos profesores porque “ou non teñen autonomía ou non saben interpretar os números”.
Ademais, non é aconsellable que realicen exercicio físico a primeira hora da mañá e a súa condición debe terse en conta á hora de organizar excursións ou saídas fóra do colexio. A todo iso axudaría a existencia deste protocolo, que tería en conta as necesidades destes nenos, máis dun cento en Pontevedra segundo Sanidade, e establecería como se debe actuar mentres os nenos estean na súa xornada escolar.
As actividades en Pontevedra do Día Mundial da Diabetes comezarán o xoves 13 de novembro. Ás 18.30 horas, terá lugar un percorrido turístico pola zona monumental da cidade, entre A Ferrería e a Praza de España. Alí, ás 20.00 horas, iluminarase a vella Casa Consistorial de azul, a cor que identifica á diabete. O día finalizará cunha actuación musical a cargo das Chaneiras, un grupo de cantareiras de Marín.
O acto principal celebrarase o venres 14. Será unha carreira solidaria e non competitiva, unha ‘milla pola diabete’ que percorrerá rúas e prazas da zona monumental. Actualmente xa hai 200 inscritos e contarán co apoio, entre outros, de Víctor Riobó, os clubs deportivos da cidade e varios atletas que desenvolven unha exitosa carreira deportiva malia a súa diabete. Os interesados en participar poden apuntarse en www.queadiabetenontepare.ga.
Xa o sábado 15, a Casa Azul acollerá ás 12.00 horas un obradoiro de meriendas saudables, no que se darán pautas para mellorar a alimentación dos nenos con esta enfermidade; e ás 18.00 horas pechará esta programación o espectáculo teatral Os Super Galácticos, destinado a un público familiar. Será no Centro Socio-Cultural do Gorgullón.
Durante estes tres días, varios restaurantes da cidade ofrecerán menús cos que contar hidratos. Serán Vagos, Meigas Fóra e o Hotel Rúas, algúns dos cales estudarán mantelos tras esta celebración.
FONTE: Pontevedraviva.com
domingo, 2 de novembro de 2014
Que a Diabete non te pare!
Que a diabete non
te pare!
I Carreira Solidaria por un protocolo en educación.
INSCRIBITE premendo: Que a diabete non te pare!
Ao participar estarás colaborando na petición á Consellería de Educación para que elabore un protocolo de atención a escolares con diabete. Deste xeito cubriríase por fin, o baleiro no que nos atopamos, xa que non se lle asigna a ninguén a responsabilidade da atención diabetolóxica aos nosos pequenos e pequenas. Actualmente está cuberta a atención en caso de hipoglicemia severa, por medio do programa alerta escolar. O día a día destes pequenos, a realización e/ou supervisión dos controis glicémicos, a administración de insulina, entre outros aspectos, está sendo asumido de forma voluntaria por docentes e coidadores. Estamos moi agradecidos a esa boa vontade, que permite aos pequenos e pequenas ir ao colexio con normalidade, entre todos podemos conseguir que o protocolo sexa unha realidade. Premios: non hai, gañan os pequenos e pequenas con diabete. Aínda así haberá sorteos ao final da carreira co número de dorsal.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)