domingo, 25 de marzo de 2018

ANEDIA: ASOCIACIÓN DE NENAS, NENOS E XENTE NOVA CON DIABETES DE GALICIA

Os socios e socias de ANEDIA, aprobaron onte un gran cambio na entidade, vivimos tempos de cambio,  monitorización da glicemia, inclusión escolar, recoñecemento da minusvalía, inserción laboral,... son temas que están no debate, como náis e pais nos preocupan e queremos opinar.
A asamblea de ANEDIA por maioría aprobou a modificación dos seus estatutos. Ampliamos a idade dos beneficiarios directos das accións da entidade.
Desde xa, se tes 29 anos ou menos, ANEDIA é o teu lugar. Aquí terás a oportunidade de traballar con persoas que coma tí queremos que a diabetes non sexa unha carga, hai que medrar con ela, polo momento non queda máis remedio. Pero a mochila que levas non ten por que se pesada, nin tes que levala en solitario.
 En ANEDIA continúamos traballando, despois de case seis anos, xa non somos tan cativas, estamos entrando na adolescencia e facémolo con paso firme e seguro.
Queremos agradecer a Jorge Costas a súa colaboración, encántanos a mochila e a levaremos moi orgullosas e orgullosos. 
ANEDIA
ASOCIACIÓN DE NENAS, NENOS E XENTE NOVA CON DIABETES DE GALICIA

Ningún comentario:

Publicar un comentario