luns, 9 de xaneiro de 2017

A QUEN LLE AMARGA UN DOCE?

O pasado 5 de xaneiro, volvemos a contar coa presencia das súas maxestades os Rei Magos de Oriente, tódolos concellos organizaron recepcións e cabalgatas para tan extraordinarias visitas.


Os nenos e nenas, despois de agardar un ano a súa visita, enchen as rúas para ver pasar a Melchor, Gaspar, Baltasar e os seus séquitos.
Os monarcas, anticipan os agasallos coa súa presencia e lambetadas.
Ós menores con diabete tipo 1 e con celiaquía, os caramelos, danlles na fronte, TI NON PODES, (musitan os caramelos) é necesario, que nun día tan especial para eles, se lles lembre que non poden comer un caramelo? Realmente é tan complicado ofrecer caramelos sen glute e sen azucre?
Cústanos crer, que sexan razóns económicas as que xustifiquen, que de novo, moitos pequenos e pequenas con diabete ou con celiaquía, non puideran comer un caramelo, esa tarde.
 Por sorte, os organizadores das cabalgaltas empezan a cambiar e a ofrecer lambetadas sen glute e se azucre

Queremos mostrarvos dúas imaxes, que falan por si soas:


Grazas
OOOOOHHHH
















Como a nosa función é defender os dereitos destes menores, vamos a agradecer aos Concellos que son sensibles a estas realidades e a darlle un gran OOOOOHHH, aos que non o son.

😃 Grazas aos Concellos de: Vigo, Pobra do Caramiñal, Lugo, ...
😱 OOOOOHHHH aos Concellos de: Pontevedra, Bueu, Baiona, Poio, Santiago, O Carballiño, Allaríz, Ribeira, Vila de Cruces, Boiro, Porto do Son, Ourense,...

Axudanos a completar este listado, e informanos do que pasou no teu concello.

Desde ANEDIA empezamos o 2017 con forza, dispostas e dispostos a traballar para normalizar o día a día dos menores con diabete tipo I, esperamos que cada vez sexan menos as situacións de desigualdade. Os nosos desexos para este ano:
Educación diabetolóxica na sanidade pública.
Formación aos docentes, monitores e outros profesionais que día a día preparan aos nosos menores.
Caramelos sen glute e sen azucre nas cabalgatas do 2018

Ningún comentario:

Publicar un comentario