21 DE FEBREIRO
DE MUSEOS CON ANEDIA E ASSEII
Este novo ano, iniciamos un camiño de colaboración con outras entidades, xa que creemos que xuntos pensamos e traballamos mellor.
ASSEII, asociación socio sanitaria educativa inflamatoria intestinal, e nós organizamos unha xornada na cidade da Coruña.
Continuando no estilo de ANEDIA, de facilitar a convivencia en familia, propómosvos unha actividade cultural e de lecer, que pode ser do agrado de todos e todas.
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES
12:00 hora de entrada á visita ao Muncyt Coruña.
Desafio MUNCYT (1h 30 min)
Percorreremos o museo a través dunha serie de retos e actividades onde, co apoio dos divulgadores, iremos descubrindo por ns mesmos cousas abraiantes que agochan as exposicions.
13:45 Picnic, no MUNCYT (hai máquina de bebidas)
14:30 Domus: Salas de Exposicións, actividades dirixidas por ANEDIA e ASSEII
- Os nenos e nenas disporán de tempo para relacionarse, xogar, falar, e visitar o museo.
- Os adultos, aproveitaremos, para pornos ao día, compartiremos experiencias e afondaremos no traballo das nosas asociacións e no que podemos aportarlles.
16:00 Entrada Aquarium Finisterrae
16:30 Visita guiada
17:00 Alimentación de focas
19:00 Obradoiro infantil "Tabeirons e Raias" (para os que continúen a esa hora)
Forma de inscripción
Esta actividade ten un número máximo de participantes, limitado polo aforo dos museos.Inscríbete a través do correo electrónico:
- anediagalicia@gmail.com
- digestivo.pontevedra@gmailcom
A inscrición pecharase ás 24:00 do mércores 17 de febreiro,
O xóves 18 enviaremos un correo coa confirmación dos inscritos, por rigurosa orde de inscripciçon.
Terán prioridade os socios de ANEDIA e ASSEII
Apúntate xa, agardámoste o día 21.
Ningún comentario:
Publicar un comentario