A asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia
(ANEDIA), en colaboración coa Casa Azul, realizará mañá, venres 31 de xullo de
2015 ás 12:00 na Sala Valdecorvos da Casa Azul, unha charla coloquio sobre as agullas de insulina na que se abordarán as
súas características, o uso correcto e realidades e mitos sobre as mesmas.
A charla está dirixida á poboación que padece diabete
(tipo I ou tipo II) e precisa inxeccións diarias de insulina, tanto aos propios
insulinodopendentes como aos seus coidadores directos. Terá unha duración
aproximada de 50 minutos e, para todos aqueles que non poidan asistir, será
retransmitida vía streaming, grazas á colaboración do persoal da Casa Azul, a
través do blog da asociación e de redes sociais.
A través desta acción formativa, Anedia pretende dotar á
poboación con diabete e aos seus coidadores dos coñecementos necesarios sobre
as características técnicas das agullas de insulina, incidir na importancia do
uso correcto das mesmas, expor unha explicación detallada dos distintos tipos
de agullas existentes no mercado e os mitos e realidades existentes sobre as
mesmas.
Un dos obxectivos fundamentais da actividade é
concienciar de que as agullas de insulina, como dispositivo médico
indispensable na diabete, se utilicen unha soa vez, debido a que a
reutilización afecta ao control do tratamento e representa un risco importante.
A actividade correrá a cargo de tres poñentes: Diego Rey,
responsable da empresa dispensadora de agullas de insulina do Sistema Galego de
Saúde (Sergas) e coñecedor da realidade actual do concurso de agullas
autonómico; Mar Fontán, paciente experta en diabete do Serga; e Ana Isabel
Pérez, presidenta de Anedia.
Os obxectivos desta charla-coloquio son compartir
impresións e opinións sobre a calidade das agullas, o posible dano na
inxección, a estabilidade das mesmas ou a súa rixidez; xa que unha agulla
inapropiada pode ocasionar dor, producir hematomas ou incluso alterar a
correcta absorción desta hormona (imprescindible para os pacientes con
diabete); e isto tendo sempre en conta e como premisa indispensable que as
agullas de insulina non se deben reutilizar (atendendo a que unha persoa con
diabete se pincha moitas veces ao día e xa é bastante duro ter unha enfermidade
na que todo funciona a base de pinchazos, como para ter que facelo con máis
molestias das necesiarias).
Se querede ir lendo máis información sobre as agullas de insulina podedes visitar as seguintes páxinas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario