venres, 6 de novembro de 2015

Reunión co Alcalde de Pontevedra

Unha pequena representación dos nenos e nenas da asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia (ANEDIA) reuníuse hoxe co alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, co fin de facerlle chegar as peticións concretas que teñen para mellorar a cidade e a súa calidade de vida.
Os nenos trasladaron ao alcalde que, por ter diabete, pasan por moitas situacións nas que se sinten diferente aos demais, cousas da vida cotiá que os pais tratan de que acepten con naturalidade porque é algo que os vai acompañar toda a súa vida. Entre outras situacións, debeb medir a súa glicosa, inxectarse insulina, tomar determinadas racións de hidratos de carbono e, ademais, facelo todo en momentos concretos, aínda que estean no colexio, no parque, no aniversario dun amigo ou nun partido de fútbol. Ademais, algunhas veces pode que outros nenos/as vaian tomar unhas lambetadas ou un xeado e eles resignados que renuncian aínda que lles custe.
Así pois, os nosos nenos/as non só teñen que asumir o seu tratamento para estar ben, senón que ademais teñen que aceptar ser diferentes e que os demais o acepten a el/ela. É unha cuestión de autoestima, de facerlle ver as cousas o máis natural posibles e por suposto que se sinta integrado con seus iguais, para que non o vexan diferente. Xa que non nos esquezamos que a pesar de todas as cousas que implica a diabete, os nosos nenos/as poden e deben realizar todas as actividades do mesmo xeito que calquera outro neno/a.
De aí vén que queiran -e os seus pais tamén- conseguir unha integración total no seu ámbito habitual e lle soliciten ao máximo representante do Concello de Pontevedra a súa implicación neste tema. As demandas concretas que lle pediron ao alcalde de Pontevedra foron:
- Que as cafeterías e demais establecementos hosteleiros da cidade teñen bebidas adaptadas para persoas con diabete do tipo de: aquarius libre, fanta cero, trina sen azucre, zume sen azucre, cocacola light sen cafeína…de xeito que se poida crear unha rede de establecementos amigos das persoas con diabete que garantan o seu acceso a bebidas sen azucre e a una báscula que lles permita pesar os alimentos que van inxerir e saber que cantidade de hidratos de carbono posúe cada un deses alimentos.
- Aclararlle que un neno/a con diabete non necesita nin desexa compaixón; necesitan comprensión, aceptación e apoio. Enn primeiro lugar e sobre todo, o neno/a con diabete necesita e desexa sentirse tan único e especial como calquera outro compañeiro da súa clase.
- Que os monitores das actividades deportivas saiban resolver una hipoglicemia, de xeito que teñan sempre a man os hidratos de carbono de absorción rápida e lenta e saiban empregalos.
- Que os Reis Magos traían este ano caramelos sen azucre para repartir na cabalgata de reis.
- Que nas actividades lúdicas e deportivas que organiza o Concello de Pontevedra nas que se ofreza comida aos participante, estea garantida sempre a presenza de froitas e alimentos saudables aptos para eles e máis saudables para toda a poboación en xeral.

- Que fagan una comunicación aos Cines de Pontevedra para solicitarlle que os nenos/as e demais persoas con diabete tipo I poidan entrar cos seus suplementos de azucre necesarios para remontar unha hipoglicemia.


http://www.pontevedra.gal/novas/2015/11/04/lores-recibe-a-nens-con-diabete-e-toma-nota-das-suas-demandas/
http://pontevedraviva.com/xeral/23739/lores-hablara-con-panaderos-cine-imd-demandas-ninos-diabete/?lang=gl#/0
http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/460816/os-nenos-con-diabetes-piden-que-os-reis-magos-repartan-caramelos-sen-azucre
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/11/05/cerca-centenar-ninos-pontevedra-convivir/1344877.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario