luns, 9 de novembro de 2015

Actividades para conmemorar o Día Mundial

A programación de actos para conmemorar o Día Mundial da Diabete o 14 de novembro exténdese durante 6 días dende o 9 ata o 14 de novembro con actividades que fan referencia aos tres pilares básicos no coidado da diabete: exercicio físico, alimentación e medicación.
1.      A alimentación ímola abordar grazas á implicación dos comedores escolares. Todos os comedores escolares dos colexios públicos de Pontevedra e Vigo e boa parte dos do Concello da Coruña uniranse ao longo desta semana á conmemoración do Día Mundial da Diabete cunha serie de actividades destinadas a afondar no coñecemento da diabete, no seu impacto na idade infantil e, en xeral, nos hábitos de vida e alimentación saudables.  Anedia colabora coa empresa Serunion e coas asociacións de nais e pais para a posta en marcha desta iniciativa, que se desenvolverá entre este luns 9 e o venres 13 de novembro nos colexios públicos cuxos comedores escolares están xestionados por Serunion. 
2.      A medicación a través dunha charla informativa sobre a falta de adherencia ao tratamento da Diabete impartida por unha nutricionista, unha educadoras e unha psicóloga do Servizo Galego de Saúde. A charla será na Sala Valdecorvos da Casa Azul ás 18:30.
3.   O deporte coa milla pola diabete. É unha carreira lúdica e festiva para todas as idades e aberta a tódolos cidadáns que queiran participar (a partir dos 3 anos e dividida por categorías). A saída será a partir das 17:00 da tarde na Praza de España, onde rematará tamén tras un percorrido de case 1609 metros pola rúa Michelena de Pontevedra. Anedia regalará a cada participante unha bolsa de avituallamento cunha botella de auga e unha froita. Tamén haberá sorteo de agasallos entre tódolos participantes e trofeos e medallas para os gañadores (e para todos os nenos/as menores de 6 anos)
A maiores uníndoos todos e para tamén dar a coñecer a enfermidade ao conxunto da sociedade. O venres optamos por un acto público cunha finalidade lúdica e reivindicativa. A parte lúdica vén da man da Banda de música infantil de Campo Lameiro e do grupo tradicional Maravallada e a reivindicativa da parte dun manifesto que elaboraron os propios nenos/as de Anedia para que o resto da cidadanía saiba de primeira man como é o seu día a día e o que eles consideran necesario para melloralo e como colofón e facendo o mesmo que se fai en todos os lugares do mundo neste mesmo día o encendido en azul do Concello de Pontevedra. Estas actividades serán o venres 13 a partir das 19:00 na Praza de España.

Ningún comentario:

Publicar un comentario