martes, 7 de abril de 2020

Cambio de modelo no sensor FreeStyle de ABBOTT.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O SENSOR FreeStyle de ABBOTT.

Os sensores FreeStyle de ABBOTT facilitados polo SERGAS pasan a sustituirse pola versión FreeStyle2. 

Freestyle Libre-2-Lectores mmol/L + 2 Sensores de glucosa en ...Estaba previsto que este cambio fose gradual pasando previamente por consulta para facilitar a formación adecuada pero as circunstancias non o fixeron posible. E a falta de stock provocou que nas áreas de Vigo e Ourense xa se esté a repartir a versión FreeStyle2, e en breve irán o resto de áreas. O lector do FreeStyle vai ir será sustituido por un novo pero non antes do verán.
Esta nova versión FreeStyle2 dispón de alarmas, pero temos que ter en conta varios detalles para que todo funcione.

      - O lector debe estar actualizado á versión 2.4.8 para poder leer o FreeStyle2, pero se activamos o sensor con él NON teremos dispoñibles as alarmas.

      - As alarmas só estarán dispoñibles se iniciamos o sensor co móbil a través da aplicación FreeStyle Librelink 2.4 ou co lector do FreeStyle2.

As alarmas cas que conta o sistema son opcionais e veñen desactivadas por defecto. Son tres:

--> Glucosa BAIXA. Podemos axustala entre 60 e 100 mg/dl.
--> Glucosa ALTA. Podemos axustala entre 120 e 400 mg/dl.
-->   Pérdida de sinal entre o sensor e o lector/teléfono (20 minutos).

Para poder ter activadas as notificacións temos que ter activado: NFC, Bluetooth e localización (GPS). Entre o móvil e o sensor debe existir un máximo de 6 metros.

Os servizos de endocrinoloxía e pediatría son coñecedores deste cambio  e podedes consultarlles sen problema calquera dúbida.
Se precisades axuda dende ANEDIA estamos dispoñibles no teléfono 644 97 14 54, e no correo anediagalicia@gmail.com .

Información facilitada por ABBOTT, dispoñible na súa web










Ningún comentario:

Publicar un comentario