xoves, 25 de decembro de 2014

O Apalpador visitará a Casa Azul para concienciar sobre a diabete infantil




O apalpador, personaxe que segundo a mitoloxía galega visitaba aos nenos por Nadal e Fin de Ano para apalparlles a barriga e saber se estaban ben alimentados, visitará este ano a Casa Azul da man da Asociación de Nenas e Nenos con Diabete de Galicia (Anedia).

A visita será o martes 30 de decembro pola tarde e forma parte da programación da actividades realizada por Anedia na recta final do ano para seguir a reinvidicar maior conciencia sobre a diabete en idade infantil e reclamar da Xunta un protocolo de atención para escolares con diabete.

Ese mesmo día 30, antes da visita do apalpador, celebrarase na Casa Azul un obradoiro de galletas de Nadal que xa cubriu todas as prazas dispoñibles no período de inscrición previa. Os cativos converteranse en reposteiros durante unhas horas para facer unhas galletas saudables, con baixos niveis de azucre.

Este ano Anedia tamén participará na carreira San Silvestre organizada pola Sociedade Ximnástica e aproveitará a última proba deportiva do ano para seguir coas súas reivindicacións. O mercores 31 de decembro, antes da proba, procederase á lectura dun comunicado no que Anedia exporá a necesidade de que a Xunta aprobe canto antes un protocolo para que os nenos con diabete poidan ter a atención adecuada nos centros educativos.

Esta mesma reivindicación xa a pediu o 14 de novembro con motivo da carreira popular organizada no Día Mundial da Diabete polas rúas de Pontevedra e nesta ocasión dende a asociación porán á venda camisetas alusivas a esta petición e gorros de Papá Noel azuis -a cor da loita contra a diabete- para que os participantes que o desexen poidan formar unha marea azul. Poderanse comprar cando recollan os dorsais da San Silvestre na praza da Verdura durante os días 27, 29 e 30 de decembro en horario de mañá e tarde o propio día da proba de mañá.

No inicio do ano 2015, o 3 de xaneiro, organizarán na Casa Azul un obradoiro de percuterapia impartido polo músico Pedro Campos Acosta. A actividade, pensada para nenos e adultos, busca mellorar a psicomotricidade, potenciar a concentración e aliviar a ansiedade mediante o ritmo musical da percusión.

Publicado por Pontevedra Viva (25/15/2014)


martes, 23 de decembro de 2014

Actividades de Anedia no Nadal 2014

ANEDIA ten un interesante programa para estas festas:

Obradoiro de galletas (día 30 de decembro, ás 17:00, na Casa Azul), para nenos e nenas co seu pai ou nai, para que xuntos aprendamos a facer galletas e a calcular racións. Despois do obradoiro, como este ano, os nenos e nenas comeron moi ben, vai a vir o APALPADOR.


O día 31, ESTAREMOS NA SAN SILVESTRE, consigue a túa camiseta de ANEDIA, e axuda a facer posible que o PROTOCOLO DE ATENCIÓN A ESCOLARES CON DIABETE, sexa unha realidade no próximo curso académico.
QUE A DIABETE NON TE PARE.


Obradoiro de PERCUTERAPIA (dia 3, 17:00, na Casa Azul), este obradoiro organízase en dúas partes, na primeira participaran os pequenos sos e na segunda, o seu pai, nai, avó ou outro familiar entrará con eles, para aprender máis técnicas de percuterapia que despois poderán gozar en familia.


Desexámosvos a todos e todas felices festas.

Os obradoiros de galletas e percuterapia xa están completos, entre hoxe e mañá comunicaremos quenes son os admitidos. Os que non sexan admitidos quedan en reserva.

Seguide pendentes do noso blogue e facebook, porque dado o gan interese manifestado, é probable que repitamos estes obradoiros.


martes, 16 de decembro de 2014

Charla sobre Diabete, deporte e nutrición no colexio CEIP Parada Campañó

ANEDIA quere agradecer a CEIP Parada Campañó que nos permitiu dar unha charla sobre a Diabete, deporte e nutrición coa colaboración de Diego Castro.


Diego Castro e Mar na charla cos nenos e nenas do cole.




Enlace Twitter de Ceip Parada Campaño
Ceip Parada Campañó‏@Ceipcampano

Este vindeiro martes estará con nos @DiegoFiCastro para explicarnos como se leva ser un deportista de elite e diabético. Grazas Diego


luns, 17 de novembro de 2014

Convocatoria de Asamblea Ordinaria de ANEDIA para o 29 de Novembro




Convocatoria para os/as socios/as e para os/as que queran colaborar e coñecer a asociación tamén, así como colaborar con ANEDIA.

CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA ANEDIA NOVEMBRO 2014

Data de celebración: sábado 29 de novembro de 2014 Lugar de celebración: Casa Azul do Concello de Pontevedra, Sala Valdecorvos Hora: 17:00 horas


ORDE DO DÍA
  1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior
  2. Dar conta dos/as asistentes á asemblea
  3. Listaxe de persoas adheridas á asociación con data 29 de novembro de 2014
  4. Posta ao día do traballo realizado ata o de agora
  5. Recompilación da opinión e valoración dos/as integrantes da asociación acerca das actividades realizadas con motivo do Día Mundial da Diabete
  6. Resolucións da última asemblea da FEGADI
  7. Renovación e ampliación da Xunta Directiva. Ceses e novas incorporacións. Creación de vogalías territoriais.
  8. Rogos e preguntas
  9. Proposta de convocatoria da próxima reunión

Contando coa puntual asistencia de todas as persoas socias que a compoñen, recibide un cordial saúdo

Presidenta Secretario Ana Isabel Pérez Tomé e o Secretario José Antonio Pazos González


Fotos "Día Mundia da Diabete"

13 Novembro 2014

Percorrido turístico polo casco vello de Pontevedra, con moita choiva…

                    

       

        


Iluminación en azul da Casa Consistorial de Pontevedra coa actuación musical “As Chaneiras” canteiras de Marín.

        

       


14 Novembro 2014

Primeira Carrera Solidaria, “Que a diabete non te pare”, en Pontevedra.

        

        

        



        

       

                     

        

       

        

        


         

   

      


15 Novembro 2014

Obradoiro de merendas saúdables, na Casa Azul.

                   

          
           

       

                    

 

Espectáculo teatral para familias con “Os Super Galácticos”