DIRIXIDO
A ADOLESCENTES E AS SÚAS FAMILIAS/COIDADORES
Este sábado foi unha desas datas
que temos que marcar para sempre no calendario, grazas á ESCOLA GALEGA DE SAÚDE PARA CIDADÁNS do SERGAS, tivemos unha
xornada excepcional. E non só pola categoría dos poñentes senón pola
implicación das familias e os/as adolescentes que superaron con moito as
expectativas de asistencia.
Iñaki Lorente, Victoria Hierro y Concepción Bande foron os profesionais encargados desta xornada, na que
tamén colaboraron Lina e Laura.
Un
total de 50 persoas acudimos á convocatoria, algúns estaban alí arrastrados, pero todos sairon ca sensación de que pagou a pena ir a esta
xornada.
Tratouse dunha xornada de
formación plantexada en dous grupos ben diferenciados, un de adolescentes e
outro de familares e/ou coidadores. Unha vez establecidos os obxetivos os
grupos traballaron por separado, e o final da xornada reunimonos de novo para as conclusións.
Para empezar nos quedamos cunha frase de Iñaki, con diabetes non
levamos unha vida NORMAL. Intentamos normalizar o que facemos, pero non é
normal.

Tratar cos rapaces temas que lles
afectan directamente como a relación cos seus iguais, ou tratar cas familias os
problemas de parella, ou os problemas dos coidadores que están sós, foron
algúns puntos claves. Ver os nosos fillos e fillas con outro prisma, eliminando
o filtro da diabetes, chegar a compromisos con eles, o diálogo moitas veces
case imposible, e moitos máis temas
sairon nesta xornada.
Falamos da formación que temos e da que nos falta aos pacientes,
tocamos as nosas emocións que moitas veces quedan fora do sistema, pero que
necesitamos que se teñan en conta, e tamén dos profesionais que nos atenden,
que o dan todo de sí mesmos, pero precisamos de máis persoal cualificado.
Poderíamos falar moito disto,
pero nos quedamos con varias ideas claras:
Formación, porque temos que lidiar ca diabetes as 24horas do día,
todos os días do ano, e os profesionais están para axudarnos e formarnos, pero
non podemos ter a un o outro lado do teléfono sempre. Debemos ser ben
entrenados para tomar decisións, para intentar resolver situacións de todo
tipo.

Profesionais, está claro que precisamos máis persoal formado en
diabetes, os actuais profesionais están saturados, e recoñecemos que fan un esforzo
persoal en ocasións que vai máis alá do seu deber.
En 4-6 meses teremos
unha nova sesión para evaludar o resultados obtidos con esta xornada, e
agardamos que as estupendas sensacións cas que saímos de Santiago nos duren
moito tempo, e que sexamos capace de levar a cabo algunhas das estratexias que
falamos.
Grazas aos nosos estupendos poñentes pola súa implicación,
e agardamos velos en breve, tamén un enorme abrazo ás profesionais pero ademáis
grandes persoas que están detrás da Escola de Saúde para Cidadáns por esta
oportunidade.
E por úlitmo a gradecer
a ABBOTT tamén o seu apoio a este programa.