domingo, 13 de maio de 2018

Grazas ao programa de Voluntariado de La Caixa

INICIACIÓN Ó MUNDO DOS CABALOS.

O 13 de maio celebramos unha xornada de convivencia. O programa de Voluntariado de La Caixa fixo posible que os rapaces e rapazas de ANEDIA coñecesen o mundo dos cabalos. Aprendimos como son estes magníficos animais, que coidados necesitan, cómo se montan. Despois nos fumos a comer á área recreativa de Pontecaldelas.
Unha forma amena de falar sobre diabetes, de compartir experiencias, sen que ela sexa a protagonista, os cativos e cativas danse conta de que non son únicos, de que hai diferentes formas de levala, preguntan, observan, xogan e sobre todo pasaron un bó rato con Mili, Estrella, Hawai, Miño, Farida e Levis, algúns dos ponis e cabalos do centro ecuestre Atlántico. Sen dúbida o que máis lles gustou foi montar.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario