DIRIXIDO
A ADOLESCENTES E AS SÚAS FAMILIAS/COIDADORES
Este sábado foi unha desas datas
que temos que marcar para sempre no calendario, grazas á ESCOLA GALEGA DE SAÚDE PARA CIDADÁNS do SERGAS, tivemos unha
xornada excepcional. E non só pola categoría dos poñentes senón pola
implicación das familias e os/as adolescentes que superaron con moito as
expectativas de asistencia.
Iñaki Lorente, Victoria Hierro y Concepción Bande foron os profesionais encargados desta xornada, na que
tamén colaboraron Lina e Laura.
Un
total de 50 persoas acudimos á convocatoria, algúns estaban alí arrastrados, pero todos sairon ca sensación de que pagou a pena ir a esta
xornada.
Tratouse dunha xornada de
formación plantexada en dous grupos ben diferenciados, un de adolescentes e
outro de familares e/ou coidadores. Unha vez establecidos os obxetivos os
grupos traballaron por separado, e o final da xornada reunimonos de novo para as conclusións.
Para empezar nos quedamos cunha frase de Iñaki, con diabetes non
levamos unha vida NORMAL. Intentamos normalizar o que facemos, pero non é
normal.
Isto supón a veces un esforzo
físico e mental importante para todos. E por riba na adolescencia que é unha
etapa difícil engadir diabetes é unha bomba. Unha bomba que cae en moitas
familias, pero que ten tamén a ventaxa de que é unha etapa, que pasa e
desaparece co paso do tempo. As hormonas volven ao seu sitio inda que nos
pareza unha etapa eterna.
Tratar cos rapaces temas que lles
afectan directamente como a relación cos seus iguais, ou tratar cas familias os
problemas de parella, ou os problemas dos coidadores que están sós, foron
algúns puntos claves. Ver os nosos fillos e fillas con outro prisma, eliminando
o filtro da diabetes, chegar a compromisos con eles, o diálogo moitas veces
case imposible, e moitos máis temas
sairon nesta xornada.
Falamos da formación que temos e da que nos falta aos pacientes,
tocamos as nosas emocións que moitas veces quedan fora do sistema, pero que
necesitamos que se teñan en conta, e tamén dos profesionais que nos atenden,
que o dan todo de sí mesmos, pero precisamos de máis persoal cualificado.
Poderíamos falar moito disto,
pero nos quedamos con varias ideas claras:
Formación, porque temos que lidiar ca diabetes as 24horas do día,
todos os días do ano, e os profesionais están para axudarnos e formarnos, pero
non podemos ter a un o outro lado do teléfono sempre. Debemos ser ben
entrenados para tomar decisións, para intentar resolver situacións de todo
tipo.
Emocións, dende o primeiro momento deben de terse en conta, o debut
é unha situación brutal psicolóxicamente falando, e non podemos intentar que o
paciente/familiar en estado de shock entenda as diferencias entre insulinas ou a
súa duración como obxetivo número un, a axuda psicolóxica neste momento podería
mellorar moito o comenzo desta nova etapa que vai mudar para sempre as súas
vidas. E despois tamén, como non sucumbir o peso desta mochila que é para
sempre é outra área a vixiar, pero por especialistas que comprendan a dimensión
da diabetes.
Profesionais, está claro que precisamos máis persoal formado en
diabetes, os actuais profesionais están saturados, e recoñecemos que fan un esforzo
persoal en ocasións que vai máis alá do seu deber.
En 4-6 meses teremos
unha nova sesión para evaludar o resultados obtidos con esta xornada, e
agardamos que as estupendas sensacións cas que saímos de Santiago nos duren
moito tempo, e que sexamos capace de levar a cabo algunhas das estratexias que
falamos.
Grazas aos nosos estupendos poñentes pola súa implicación,
e agardamos velos en breve, tamén un enorme abrazo ás profesionais pero ademáis
grandes persoas que están detrás da Escola de Saúde para Cidadáns por esta
oportunidade.
E por úlitmo a gradecer
a ABBOTT tamén o seu apoio a este programa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario