Páginas

luns, 9 de marzo de 2020

Dous galegos en Cáceres. Vivir con diabete.

Nesta xornada, os compañeiros de Fadex, a federación de diabetes de Extremadura, acolléronnos no seu grupo pra facer o curso de formación de voluntarios 2020.


Resolvemos un montón de dudas!

Que tecnoloxía nos podemos atopar nun campamento de nenos con diabetes? De que maneira podemos resolver un conflito? Que facemos en caso de picadura dun insecto? Ou dunha magulladura?

Despois dunha longa viaxe en tren.
Pasamos o fin de semana asistindo ao local da Cruz Roja de Cáceres.

O primeiro día, o sábado, coñecimos o director e coordinadora e asistimos a un par de clases, entre elas: alimentación equilibrada e contabilización de racións de HC, as tecnoloxías que encontramos, preparación, organización de voluntariado, resolución de conflictos... 
Con varias paradas para repoñer forzas  cos nosos novos compañeiros.

Compartimos moitos momentos e ratos libres cos compañeiros cacereños.

O domingo, último día, as charlas foron menos, pero igual de interesantes: atención as complicacións, primeiros auxilios na natureza cun equipo da Cruz Roja.

O noso compañeiro Cristian aprendeu como funciona o glucagón e moitas cousas máis.




Uns docentes marabillosos, compañeiros fantásticos.
A mistura  perfecta para unha fin de semana chea de formación, novas amizades, moitas emocións e moitas ganas de facer cousas novas aquí en Galicia.


Xa pola tarde fixéronnos unha ruta turística pola ciudade estremeña da man de dúas personas extraordinarias.
Aquí tedes varias fotos que sacamos.








Gracias  a FADEX, a ANEDIA, gracias, gracias e mil gracias por todo!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario