Despois da casa o sitio onde pasan máis tempos os
nosos fillos e fillas é a escola, por iso é tan importante que a diabetes que
levan na súa mochila se entenda ben neste espazo. Porque a diabetes non se pode
deixar na casa.
Este é un dos obxetivos cos que naceu ANEDIA no seu
día: traballar pola integración real e total de todos os nenos e nenas con
diabetes.
Dende fai tempo botábamos de menos ter material
propio, precisábamos unha ferramenta que
nos permitise achegar a diabetes aos máis pequenos con tranquilidade e con
moita naturalidade.
Por todo iso pensamos nos Bolechas, e as nosas
premisas foron moi simples, un neno/a que debuta e que fai deporte
antes e despois, uns apuntes do que implica a diabetes e sobre todo
que a vida debe continuar con normalidade, volver ao cole, seguir co deporte,
acudir ao comedor, excursións e cumpreanos. Pepe Carreiro preparou un guión que
foi correxido e supervisado por varias pediatras e educadoras e tamén por nós
para que cumprise os obxetivos marcados.
Pero todo foi posible grazas a unha subvención da
Área de Cultura da Deputación da Coruña que achegou unha parte importante do
seu custe.
A Consellería de Educación xa está informada
e o libro dos Bolechas xa está incluído nas maletas inclusivas que forman
parte dos recursos dos profesorado dispoñibles nos CEFORES e no
CAFI.
Xa vos iremos informando das datas e lugares
onde poderedes conseguilo, intentaremos que sexa o máis cómodo
para todos.
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminar