Desta volta traemos unha nova Xornada do noso programa COA DIABETES NA MOCHILA: Imos a Cangas.
Intentamos tratar os temas que nos parece fundamentais e que sempre debemos ter presentes:
Educación diabetolóxica e Psicoloxía, non nos vale de nada ter a mellor tecnoloxía do mundo se nos falta a Educación, reinvindicar o noso dereito á ser informados e formados ten que ser unha constante na nosa loita diaria.
Neste caso contamos con dúas profesionais fantásticas.
Vicky Hierro unha das mellores educadoras diabetolóxicas de Galicia, traballa no Hospital do Meixoeiro de Vigo.
Silvia Santos, psicóloga e membro de ANEDIA, vai botarnos un cable nun tema tan importante como é o plano psicolóxico na diabetes, cada vez que falamos con ela saímos fortalecidos e iso é moi importante.
Coñecer os sistemas DIY (Do it yourself) onde o usuario se pon o frente e vai máis alá dos sistemas comerciais tamén é outra pedra fundamental e farámolo da man de varios usuarios expertos, poderedes coñecer o proxecto Nightscout e resolver as vosas dúbidas.
Eu che axudo, ti axudas,... unha cadena de axuda entre familias que nos parece un referente non só en diabetes senón como valor vital.
E a presentación dun novo proxecto o redor da diabetes: Dulce Ruth, que nos contará como está a emprender unha nova aventura, motivada pola diabetes.
E sen olvidar a Raquel Queizás, que fará as delicias dos nenos, cun contacontos sobre a igualdade. Un tema que ten que estar sempre presente nas nosas vidas.
Contamos para todo isto ca axuda do Concello de Cangas e o seu voluntariado e a dirección do C.E.I.P. Espiñeira.
Lembrade que é unha actividade aberta o público , e non é preciso ser socios para participar. Só mandade un correo a anediagalicia@gmail.com para poder participar.
Vémonos o sábado no C.E.I.P. Espiñeira en Aldán - Cangas (42°17'09.1"N 8°48'45.2"W)
Thanks again for taking the time to share your expertise. https://imgur.com/a/Jdrkys2 https://imgur.com/a/wT3OCOh https://imgur.com/a/E7yuO1D https://imgur.com/a/qalkc3R https://imgur.com/a/FvXO1KB https://imgur.com/a/AtZShfn https://imgur.com/a/CxNpLYO
ResponderEliminar