Empezamos por Vigo, gustounos o ambiente, a organización, a diversión e repetimos.
O domingo 4 de maio ANEDIA participou na Feira e na Carreira de Obstáculos, que o proxecto ENKI realizou en Santiago de Compostela.
Que mañá de domingo máis divertida, preparados cos nosos disfraces, fumos dispostos a dalo todo nas rúas da Cidade, neumáticos, espuma, fariña, pintura,... nada puido pararnos, se non nos para a diabete, todo o demáis tampouco pode facelo.
Os días previos tamén foron divertidos, pensando o disfraz, preparando a decoración do STAND e o final o traballo foi recompensado cun dos premios ó STAND MÁIS SENSIBILIZADOR.
O proxecto ENKI, un gran xeito de dar visibilidade á diversidade funcional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario