Venres azul 2016

VENRES AZUL
 É unha iniciativa para dar a coñecer o Día Mundial da Diabete, que promove e crea conciencia sobre a enfemidade e sobre as persoas que viven con ela. Esta iniciativa quere unir á comunidade de pacientes para que cada 14 de novembro se celebre o Día Mundial da Diabete, dentro do chamado “mes de concienciación sobre a diabete”, donde se pretende que as persoas vistan de azul cada venres de novembro, e tamén o mesmo día 14 de novembro.
Non é preciso esperar ata entón para amosar apoio e brindar enerxía aos pacientes. O movemento venres azul, que xa se celebra todos os venres do ano, pretende espallar durante as 52 semanas esta mensaxe de positividade e cariño
Este ano, temos previsto facer a nosa propia colección de fotos dos socios de ANEDIA de que recorden a todos os visitantes e usuarios do blogue, que os venres sempre son azuis.

NOVIDADE DO 2016, 
CONCURSO VENRES AZUL


 
Bases do concurso 

“Venres Azuis”. 

1. ANEDIA celebrará, ao longo do 2016, un concurso cada trimestre que se titulará “Venres Azuis”. Para participar no concurso haberá que cumprir os seguintes requisitos: 
a. Ser socio de ANEDIA. 
b. Mandar unha fotografía, ilustración ou debuxo dentro do prazo indicado coa temática “diabete” e con predominio de cor azul no mesmo. 
c. Máximo de 10 envíos por socio cada trimestre. 
d. Ceder os dereitos de autor e imaxe da fotografía ou ilustración, coa única finalidade de que ANEDIA poida publicala nas súas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram e blogue), en prol dos obxectivos de ANEDIA. 

2. ¿Cales son as datas dos catro concursos? 
a. Primeiro trimestre: 16 de Xaneiro – 31 de Marzo 
b. Segundo trimestre: 1 de Abril – 30 de Xuño 
c. Terceiro trimestre: 1 de Xullo – 30 de Setembro 
d. Cuarto trimestre: 1 de Outubro – 31 de Decembro 

3. ¿Onde envío as miñas imaxes? 
a. Soamente serán válidas as entregadas no correo electrónico da asociación, co asunto CONCURSO VENRES AZUIS.
b. En cada email poderase enviar máis de unha imaxe, debe figurar o nome e apelidos do socio. 
c. Lembra, 10 imaxes como máximo cada trimestre por cada socio. 

4. ¿Como sei se vou gañar? 
a. Se a túa imaxe é publicada nas redes sociais calquera dos 12 venres de cada trimestre, entrará na fase final. 
b. É obvio que cantas máis imaxes mandemos máis posibilidades teremos de que a nosa imaxe chegue á fase final. 

5. ¿Que é a fase final? 
a. Comezará inmediatamente despois do final de cada trimestre. Durará dende o día 1 ata o día 7 ás 23:59 horas de abril, xullo, outubro e xaneiro, segundo corresponda.
b. Na fase final crearase un álbum na páxina de Facebook de ANEDIA, onde se incluirán ás 12 imaxes participantes. 
c. Premiarase á fotografía que máis “me gusta” teña ao final da votación dentro do álbum creado por ANEDIA.  (Tamén valen calquera das novas interaccións como “me encanta”, etc.) 
d. Podedes compartila cos vosos amigos para acadar máis repercusión. 

6. ¿E que vou gañar? 
a. A imaxe con máis “me gusta” acadados levarase un bono “Spa Bienestar Moaña” para dúas persoas.
b. O bono permite o uso do circuito Termal Spa

Coa colaboración do  Spa Bienestar Moaña



Feliz venres azul 08-01-2016
A artista da imaxe e Eliana Costas Machado

 Feliz venres azul 15-01-2016
A artista da imaxe e Silvia Puga López

Feliz venres azul 22-01-2016
A artista da imaxe e Sonia Vidal Martinez

Feliz venres azul 12-02-2016
A artista da imaxe e Sonia Vidal Martinez
Feliz venres azul 19-02-2016
A artista da imaxe e Mary Rego


Feliz venres azul 26-02-2016
A artista da imaxe e Rocio Calo

Ningún comentario:

Publicar un comentario