Documentos sobre diabete

Nesta páxina imos ir deixando información de interese sobre a diabete, os controis de glicosa, hipoglicemias, hiperglicemias... Algúns deles son de elaboración da asociación e moitos outros son doutras páxinas de internet (reproducímolos totalmente nomeando os seus autores, ilustradores... sempre e cando aparecen, aínda así se algún considera que non son de libre utilización pregamos nolo comuniquen para retiralos á maior brevidade).
Con esta páxina pretendemos achegar ás familias e persoas en xeral información varía sobre o coidado da diabete, así como a súa manifestación, complicacións...










A presentación que vén deseguido é fundamental para a atención aos escolares con diabete no ámbito do ensino xa que nela o Doutor Barreiro nos fai unha pequena exposición de cales son as súas necesidades e de que recursos se pode botar man no ensino.


Unha páxina que nos parece moi interesante e da que todos temos moito que aprendra é a do Centro para a innovación da Diabete Infantil do Hospital Santa Joan de Deu de Barcelona, nela podedes atopar moitísima información e recursos, así como un apartado para pai e nais que resulta moi útil para todos nós.

http://www.diabetes-cidi.org/es/diabetes-tipo-1/debut
Clicade na imaxe para acceder.

Ningún comentario:

Publicar un comentario